3ª FUGTAL: O Coristanco bate ao Oza no duelo de líderes
Queda o Coristanco só no liderato da 3ª FUTGAL e como único equipo invicto do Fútbol da Costa sénior masculino (no Feminino quedan Camariñas e Outes sen perder na Liga da Costa). Os de Adrián Lema venceron ao Oza no duelo de altura, ao que chegaban os dous equipos con 7 vitorias en 7 partidos. Os dous grandes favoritos ofreceron un encontro espectacular.
Por detrás, O Cerqueda vencía en Lombáns e queda a 2 do Oza, e xa se achega o Cee tamén a só 4 do ascenso directo. Ollo ao Pereiriña tamén por aí,mentres que Nantón e Baiñas completan unha promoción pola que tamén pelexarán Lira, Seaia, Volantes e mesmo Buño, que perdeu o fermoso e limpo derbi ante o Seaia.
Oza - Coristanco (3-4)
- Oza: Benjamín, Carro, Brais, Raúl, Lagoa, Nacho, Iago Lavandeira, David, Sad, Hugo e Salah. Tamén: Alex Vázquez, Fernando, Eloy, Matías e Miguel.
- Coristanco: Roberto, Joni, Borja, Kevin, Jairo, Samu Baldomir, Mateo, Pablo Pose, Sergio Lorenzo e Andy. Tamén: Pablo Sabucedo, ou, Benxa, Xoel e Samuel.
- Goles: 1-0, m.3: en propia tras un saque de bande de Lagoa; 1-1, m.29: Casti; 1-2, m.40: Pablo Pose remata un centro lateral; 2-2, m.42: Hugo tras outro saque de banda de Lagoa prolongado; 2-3, m.65: Joni fai un golazo dende o medio campo; 3-3, m.69: Hugo tras varios rexeites; 3-4, m.75: Moreno.
Partidazo no Carral, cun ritmo moi alto cos dous equipos indo en todo momento a por todas. iun choque de alternativas no que en canto marcaba un, o rival respondía. Empezou marcando o Oza moi pronto nun saque de banda longo, un quebradeiro de cabeza para os coristanqueses, pero que conseguían, tras dominar boa parte da primeira metade, darlle a volta ao marcador con dous tantos de Pablo Pose e Hugo. Ao fío do descanso volvía empatar o cadro de Michel. Tivo unha o Oza pero o seu gol ao fío do descanso foi anulado por fóra de xogo.
A segunda parte foi máis igualada cos dous equipos respetándose moito. Pegaba o Coristanco cun golazo de Joni dende 40 metros, pero respondía o Oza. E aí puido gañar calquera. Foi Moreno o que puxo en vantaxe aos verdes, e o Nantón envorcouse o último cuarto de hora, con máis corazón que cabeza, tendo mesmo unha de Eloy que botou arriba sen porteiro; e unha de Moreno rematou e pasou lambendo ao pau, pero o marcador non se movería e os puntos, e o liderato, marcharon para a Rocheira.
Inter - Nantón (0-1)
- Inter: Ema, Diego, Leo, Christian, Barreiro, Santi Agulleiro, Marcos, Juan Lagoa, Fernando, Rubén e Torices. Tamém: Costa, Barrientos e Kevin.
- Nantón: Álvaro, Mikel, Adri Abeleda, Fran Torres, David Fariña, Carlos Vidal, Dany Añón, César, Alex López, Jorge e Iago Torres. Tamén: Xoel, Kevin, Dani Castro, Josué e Carlos Amado.
- Gol: 0-1, m.89: Carlos Amado.
Partido moi loitado, con ocasións nas dúas áreas, e grandes intervencións dos dous porteiros, que se decanto case que no desconto a favor dos cabaneses. Un cadro de Adrián Varela que estivo máis cómodo, controlando algo máis o balón, e tendo ocasións, como tamén tiñan os de Cobéns á contra. Non foi ata o m.89 cando, nun córner, Carlitos Amado dá 3 puntos ao un Nantón que apreta a promoción.
Muxía B - Cee (1-3)
- Muxía B: Miguel Toba, Aitor, Prieto, Kevin, Eloy Sambad, Noé, Furelos, Papin, Martín, Adrián Baamil, Isma. Tamén: Damián Soneira, Iván, Isma Márquez e Damián Trillo.
- Cee: Jorge, César, Diouck, Munitis, Fontaíña, Carlos, Xián, Josiño, Fidalgo, Pablo e Jonathan. Tamén: Manu, Matteo, Joel, Rober e Marco.
- Goles: 0-1, m.11: Jonathan; 0-2, m.38: Xián; 0-3, m.31: Josiño; 1-3, m.42: Noé.
Foi mellor o Cee na primeira metade, abrindo pronto o marcador, e venco ademais como o filial muxián quedaba con 10 a media hora por protestar un penalti non sinalado. Antes do descanso o cadro de Rafa Suárez xa solventou o partido con dous goles mais. Na segunda, os de Congui foron algo superiores pero o partido non perigou.
Lira - Cerqueda (2-4)
- Lira: Raúl, Xurxo, Christian, Marcos, Carlos, Ramón, Iago, Alberto, Migueliño, Xabi e Pablo Leis. Tamén: Alexandre, Hugo, Pablo Otero, Alexander e Javi Freire.
- Cerqueda: Anxo, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu, Andrés, Hugo Fraga, Schuster, Juan, Eloy Santos, Mario e Brais. Tamén: Fabián, Diego, Cesáreo e Aitor.
- Goles: 1-0, m.7: Pablo Leis; 1-1, m.9: Schuster; 1-2, m.49: Eloy; 2-2, m.51: Pablo Leis de cabeza a centro de Ramón; 2-3, m.57: Juan; 2-4, m.75: Marcos Pensado.
Foi un partido de moitisima intensidade de principio a fin, no que o Cerqueda tivo máis a pelota, cun sobertio Schuster, pero o Lira se agarraba como podía. Empezaba o partido igualado e rápido cun tanto de Pablo Leis dende fóra, ao que respondía Schuster tamén dende lonxe coa axuda de Raúl.
Estaba bonito o partido, intenso e sendo dominador claro pero sen grandes ocasións. Si que aparecía Raúl un par de veces na primeira pero tamén Pablo de vaselina e Ramón, que pedía penalti, avisaron para os de Óscar Leis.
A segunda parte empeza tola, cun gol de carambola co que se adiantan os de Gurita. Pero de contado unha xogada por banda de Ramón acaba co empate feito por Pablo de novo. Non tardarian os visitantes en volver poñerse por diante unha vez máis tras un saque de banda longo e varios rexeites. E co partido fermoso, nunha xogada na que lle pitan fóra de xogo a Alexander cando queda só diante de Anxo, unhas protestas dende o outro lado do campo dicindo “Madre Mía! provocan a expulsión do meta liracho Raúl. O Lira con 10, un xogador de campo baixo paus e a falta pola protesta ao borde da área acaba no cuarto. Aínda tivo arrestos o Lira para intentalo pero non se movería o marcador.
Óscar Leis perde a Raúl para a seguinte xornada e Gurita aos lesionados Andrés, Chechi e Dani.
Buño - Seaia (0-1)
- Buño: Lamas, Regueira, Isaac, Alan, Jorge Calvete, Sergio Aguar, Jesús, Martín, Nantón, Hugo e Elías. Tamén: Elñoy Trigo, Andrés, Facal, Brais Fraga e Alexis.
- Seaia: Piña, David, Marcos, Alex Mato, Martín Costa, Noel, Diego, Edu, Manu Castro, Simón e Juni. Tamén. Anxo, Rafa, Pablo Caamaño, Alex e Nico.
- Gol: 0-1, m.57: Juni.
Derbi intenso en Xaviña, moi igualado en todo momento. Moi limpo e con moi bo ambiente entre os dous equipos, que acabaron comendo un churrasco ao remate do choque. Primeiros 20 minutos de moito medio campo, ata un balonazo na noz que mandou a Regueira ao hospital tras deixalo sen aire. O Seaia mandaba algo máis ao principio, mandando un balón ao longueiro, pero contra o final do primeiro tempo o Buño fíxose co dominio e tivo un pau nun córner, e un remate de Andrés que mandou alto cando estaba diante do porteiro. Na segunda metade, o Seaia saíu moi activo e cunha presión intensa. Froito diso chegou un roubo de balón que acabou nun pase filtrado para Juni, que se desmarcou ás costas da defensa e definiu con acerto. Tardou en reaccionar o Buño, que pouco a pouco foi envocando o campo, pero a pesar das ocasións, sobre todo unha que desbaratou Anxo, non foron capaces de conseguir o empate, e o Seaia aguantou e aínda puido sentenciar á contra.
Pereiriña - Camelle (3-0)
- Pereiriña: Xacobe, Eloy, Cartamil, Oca, Adán, Brais Lago, Hugo, Isma, Tito, Víctor Agulleiro e Oli. Tamén: Xabi, Abel, Gabri, Pablo Trillo e Bicho.
- Camelle: Pirata (Ángel); Raiku (Ruso),, David, Maikel, Martín; Dido, Jorge (Lucas Dios), Josiño, Chans, Gaby ( Lucas P.) e Miguel (Marcotiño).
- Goles: 1-0, m.20: Brais Lagoa tras un rexeite; 2-0, m.66: Abel; 3-0, m.80: Oli aproveita un rexeite a tiro de Víctor.
Primeira parte igualada onde o Camelle estivo algo mellor, tendo máis o balón e tendo algunha chegada clara. Pero un gol de Brais Lagoa permitía aos de Julito levar unha vantaxe inxusta ao descanso, pois ademais un gol dos visitantes era anulado por fóra de xogo.
Cambiaría a cousa na segunda, cun Pereiriña moito mellor, tendo claras ocasións e a pesar das boas intervencións de Ángel, conseguía ir ampliando a vantaxe. Aínda sen facer moito, Dido tivo ocasión de recurtar distancias co 2-0 no marcador, pero cando tiña todo ao seu favor e a portería casi toda para el, enviaría o remate por riba do longueiro. Aínda apretou algo antes do terceiro, pero sen acerto.
Dende Camelle queren enviar unha menaxe ao Concello de Cee, pois denuncian que cada que visitan o Sampaio teñen que ducharse en auga fría, ademais de ter unha sibilidade moi mala polos erros nunha das torretas de luz.
Volantes - Laxe (0-1)
- Volantes: Fabián, Javi, Alexis, Aarón, Edu, Fontenlos, Marcos, Alex Louro, JOrdy, Iván Senande, e Manu. Tamén: Miguel, Raúl, Guille, Adrián Tajes, Marco.
- Laxe: Jacobo, Darío, Dani Riegía, Pablo Barreiro, Leo, Martín, Pedro, Bieito, Santi Casás, Djamel, Martín, Elías López. Tamén: Rodri, Roi Toja, Ramoelson, Darío, David.
- Gol: 0-1, m.39: en propia.
Un gol en propia meta foi suficiente para dar a sopresa da xornada, pero ollo con este Laxe de Manu Saleta, que ten 9-10 fichas novas no último mes, ademais xentes de Laxe que volveron a competir.
Primeira metade de pouco fútbol, cero ocasións e moito balonazo no Eleuterio Balayo no que o único tanto foi un pase atrás de Alex Louro que o meta Fabián non controla e lle pasa por debaixo do pé e se cola.
Na segunda o cadro de Ramiro Bao tivo moito balón, envocaron o campo ante un Laxe que se meteu atrás e aguantaron as embestidas e impediron boas ocasións, e as que houbo foron ben resoltas polo meta Jacobo propiciando a segunda vitoria dos laxense.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.8: O Coristanco remonta e alcanza ao Oza no alto da táboa.
- X.7: Oza e Coristanco non paran.
- X.6: O Oza supera tamén ao Cerqueda.
- X.5: O Buño freou ao Cerqueda mentres o Oza segue ao seu.
- X.4: Oza e Cerqueda manteñen o pleno.
- X.3: O Pereiriña frea ao Cee.
- X.2: Oza, Cee e Cerqueda mandan.
- X.1: Oza, Buño e Cee comezan avisando.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.