3ª FUTGAL: O Coristanco remonta e alcanza ao Oza no alto da táboa
Descansaba o Oza esta semana e o Coristanco non fallou, tampouco, na visita do Buño, e suma, como o Oza, 7 vitorias en 7 partidos.
Os dous equipos apuntan ao ascenso directi e xa sacan 6 puntos ao segundo grupo moi amplo, comandando por un Cerqueda que sufríu para vencer ao Inter, 7 puntos a un Cee que non pasou do empate co Lira.
Por aí tamén se van colocando, pechando os postos de promoción, o Pereiriña que sacou unha gran vitoria ante o Seaia, ou o Baíñas, que vai collendo o ton á temporada e venceu nada menos que nas Fontiñas.
Así e todo, Lira, Volantes, Nantón, Buño, Seaia, e mesmo Camelle ou Inter, están a tiro de pedra dos postos de pla-off.
Seaia - Pereiriña (0-2)
- Seaia: Anxo, Álex Mato, Simón, Iván Caamaño. Manu Castro, Edu, Dímaga, Erik , Noel, Martín Costa e Alex García. Tamén: David Muiño, Pablo Caamaño, Verdes e Brais Villar.
- Pereiriña: Xacobe, Eloy, Gringo, Oca, Estebo, Victor Agulleiro Maelo, Martín, Brais Lagoa, Oli e Tito. Tamén: Xabi, Aitor, Hugo e Bicho.
- Goles: 0-1, m.11: Oli; 0-2, m.13: Oli.
Encontro moi disputado, onde o conxunto visitante soubo sacar partido de dúas accións de calidade do carnotán Oli.
Os de Julito aguantaron moi ben a primeira metade sen sufrir demasiado. O novo adestrador do Seaia, Manu Cancela, buscou mellorar o equipo na segunda, dando un paso adiante, presionando moito e tendo varias ocasións que obrigaron a Xacobe a intervir. Tamén Anxo salvou un man de man de Lagoa pero ao final o resultado non se movería.
Muxía B - Volantes (1-5)
- Muxia B: Miguel, Soneira, Prieto Kevin, Baamil, Martin Barrientos, Isma, Noé, Rati, Julian Busto e Eloy Sambad. Tamén: Furelos, Aitor, Iván, Damián e Papin.
- Volantes: Xandre, León, Aarón, Truji, Javi, Campana, Álex Louro, Fontenlos, Marco, Mayuyo. Tamén: JoseJa, Hugo, Óscar, Guille.
- Goles: 0-1, m.1: Edu; 0-2, m.36: Truji; 0-3, m.37: Aarón; 0-4, m.64: Mayuyo; 1-4, m.71: Kevin; 1-5, m.88: Joseja.
Comezaba o choque xa cun golazo practicamente saque de centro dos muradáns que marcaba o devir do choque. O filial de Congui tentaba levar o peso do balón, intentando buscar, pero os de Ramiro Baio tiveron a eficacia que lle leva faltando nas pasadas semanas, e estiveron serios atrás. Rompeuse o partido cos tantos de Truji e Aarón antes do descanso.
Na segunda, o partido estaba máis roto, co filial corviño máis presionante, pero tamén deixando espazos e a cada picadura dos laranxas, gol.
Camelle - Laxe (5-2)
- Camelle: Ángel; Raiku, David, Ruso (Hucho), Chans; Jorge (Lucas D.), Fabián (Josiño), Dido, Lucas P., Miguel (Martín) e Gaby.
- Laxe: Jacobo, Dani Reigía, Pablo Charlin, Leo, Santi Casás, Varela, Bieito, Aarón, Izan, Pedro e Martín. Tamén: Rodri, Darío, Eloy Liñares, Raúl, e Darío Martínez.
- Goles: 1-0, m.2: Dido; 2-0, m.30: Dido; 2-1, m.48: Bieito; 3-1 m.65: Miguel; 4-1, m.80: Josiño; 4-2, m.84: Darío Martínez; 5-2, m.90: Dido.
Moito castigo para un bo Laxe no Rodeiro. Os de Sergio comezaban moi forte, xa marcando na primeira xogada da man dun acertado Dido. O Laxe empezou a dominar e ter chegadas e ocasións e ata un balón ao pao. Estaba o partido tolo, bonito de ver con ocasións para ambos lados, pero nunha xogada á media hora, á saída dun córner sería Dido outra vez, tras un remate de cabeza quen poñeria o 2-0.
A segunda parte comezaria co gol inicial de Bieito, nunha falta lateral que non remata ninguén e se cola na meta de Ángel. Apretaba o Laxe e tiña que aparecer Ángel cun paradón para manter a vantaxe, vital, porquepouco despois Miguel e Josiño ampliarían a vantaxe. Recurtaba o Laxe, pero xa ao final, Dido completaría o sei triplete.
Nantón - Baíñas (1-2)
- Nantón: Álvaro, Mikel, Adrián Calvo, Fran, Carlos Vidal, Xoel, Dani Añón, Alex López, Juan, Carlos Vidal, Jorge e Iago Torres. Tamén: Suso, Carlos Amado, Dani, Josué.
- Baíñas: David, Samu, Fabichas, Darío, Manu, Estiven, Santi, Leo, Fandi, Crisca e Ruli. Tamén: Esteban, Chavico, Dani, Ibra e Chori.
- Goles: 1-0, m.32: en propia tras un córner botado por Dani Añón; 1-1, m.66: Santi Moreira; 1-2, m.68: Ibra.
Outro partido condicionado polo vento odas Fontiñas, que comezaba cun Bañas presionando arriba, pero cun Nantón moi serio. Os dous adestradores saíron contentos da primeira metade dos seus equipos, se ben o único tanto cun gol en propia do Baíñas chegaba tras un córner botado por Dani Añón. Iago Torres e Jorge tiveron algunha para os de Adrián Varela pero tamén os de Antelo tiveron un man a man que salvou
Na segunda parte igualouse mais, o Baiñas mellorou a versión e sobre todo estivo máis acertado. En dous picotazos tras sendos roubos no medio campo, primeiro nunha contra de Santi Moreira e despois unha internada de Ibra permitían darlle aos vimianceses a volta ao marcador.
Con máis corazón que cabeza, intentárono os cabaness, pero non obtiveron premio.
Cee - Lira (0-0)
- Cee: Manuel, Cesar Calvo, Fontaiña, Fallou, Munitis, Carlos Suárez, Xián, Josiño, Jonathan, Pablo, Marco. Tamén: Jorge, Mateo, Joel, Gonzalo e Róbert.
- Lira: Raúl, Xurxo, Christian, Ramón, Carlos, Marcos, Xabi, Migueliño, Figueira, Iago, Cibrán. Tamén: Pablo, Hugo, Alexander, Freire e Buján.
Partido de moi poucas ocasións. Na primeira parte o Cee tiña o balón, e o Lira intentando roubar e crear perigo nas contras, pero apenas unha chegada de Cibrán e un regalo da defensa ceense a Ramón foron as únicas oportinidades claras. Si que intentou sorprender Raúl dende a súa área cun zambombazo que saíu lambendo o pau por riba do meta ceense.
Na segunda o panorama era moi parecido, se ben nos ninguén conseguían crear perigo, cun Lira moi firme atrás, con moito compromiso, acompañado dun Migueliño que deu unha clase maxistral de temple e movemento de balón. A mellor da segunda, no desconto, nunha xogada na que o porteiro ceense dubida na saída e Hugo queda só ante el pero non consegue batilo.
Coristanco - Buño (4-2)
- Coristanco: Villajos, Borja, Kevin, Lou, Pose, Jairo, Mateo, Xoel, Sergio, Andy e Dan Casti. Tamén: Jonathan, Samu García, Pablo, e Samu Baldo.
- Buño: Lamas, Isaac, Alán, Eloy Trigo, Jorge Calvete, Andrés, Sergio, Martin Nanton, Fraginha, Adrián Pose e Alexis. Tamén: Regueiras, Hugo, Elías e Martín.
- Goles: 0-1, m.15: Alexis aproveita o rexeite dun penalti fallado por el mesmo; 0-2, m.32: Eloy Trigo de penalti; 1-2, m.34: Lou de cabeza tras unha falta lonxana; 2-2, m.38: Dani Casti; 3-2, m.69: Pablo Pose; 4-2, m.90: Samu Baldo.
Igualadísimo partido que demostra que o cadro oleiro vai estar tamén na parte alta. Saían mellor, de feito, na primeira, os de Pablo Mallón, apretando arriba, cun gran ritmo, sen deixar saír aos coristaqueses, e tendo ocasións. Froito do dominio chegarían os dous penaltis que darían pé aos dous goles dos oleiros.
A partir da media hora o Coristanco empezaba a aparecer por área rival e nun par de xogadas illadas conseguía empatar. Doeron eses dous goles no seo dos visitantes, que se vían dominadores do partido pero non no marcador.
Comezaba a segunda cun penalti fallado polos locais, que así e todo eran quen de darlle algo máis de tranquilidade ao balón. Conseguía meterse por diante o cadro de Adrián Lema nun balón no que os visitantes piden falta en ataque. Aí intentaron os visitantes, con máis xente arriba, buscar o empate xa con máis corazón que cabeza, pero lesionouse Sergiño e as forzas foron decaendo ata que chegou o cuarto case que no desconto.
Cerqueda - Inter (2-1)

- Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu, Andrés, Hugo Fraga, Juan, Schuster, Brais Costa, Mario e Palermo. Tamén: Uxío, Iván, Eloy, Aitor.
- Inter: Moreira, Diego, Leo, Javichu, Alex Castro, Rubén, Romero, Juansiño, Fabián, Kevin, Cristian. Tamén: Íker e Marcos Vieites.
- Goles: 0-1, m.65: Rubén; 1-1, m.67: en propia; 2-1, m.72: Eloy.
Partido dominado polo Cerqueda, pero que acabou sufrindo para superar ao cadro ceense. Aguantaron os de Cobéns a primeira metade e conseguiron poñerse por diante ao comezo da segunda, aproveitando algúns erros da defensa local. Pero o gol rápido dos de Gurita permitiu aos locais enderezar o partido. Pronto facía o segundo Eloy, para afrontar o último treito por diante, e aguantar os intentos visitantes.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.7: Oza e Coristanco non paran.
- X.6: O Oza supera tamén ao Cerqueda.
- X.5: O Buño freou ao Cerqueda mentres o Oza segue ao seu.
- X.4: Oza e Cerqueda manteñen o pleno.
- X.3: O Pereiriña frea ao Cee.
- X.2: Oza, Cee e Cerqueda mandan.
- X.1: Oza, Buño e Cee comezan avisando.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.