As Alevíns do Fisober estenden a súa lenda proclamándose campionas de Galicia

Fotos do Fisober

Espectacular como medra a familia do Fisober FSF, que ademais volve ratificar o potencial do Fútbol da Costa en materia FUTFEM. Como xa o demostraron o ano pasado as integrantes da Selección da Costa sub11 facéndose co Campionato Galego de Seleccións Comarcais, esta fin de semana, o equipo Alevín do Fisober FSF tamén alzouse co título autonómico.

As xogadoras dirixidas por Sharay Caamaño, Paula Fandiño e Adriana Castro (referentes totais para as novas xeracións) venceron en Sanxenxo ao Arealonga Chapela na final galega por un apretado 3-2, cos tantos de Noa, Claudia e Martina Lago xa na prórroga.

Ten un futuro espectacular o Fútbol da Costa con esta xeración das Jimena, Alba, Claudia, Xénia, Lola, María, Zoe, Martina Lago, Marina, Alejandra, Noa, Martina Fdez., Paula, e Icía.

Máis novas