A Selección da Costa sub11, campionas de Galicia
![Seleccion da Costa sub 11 Feminina campiona Galicia-Noa Bardullas](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2024/03/26/2024032610312765594.jpg)
Chegou o día no que a Costa da Morte se consagra como potencia en materia futboleira. A revolución do #FUTFEM na Costa da Morte xa ten premio. A Selección da Costa sub11 proclamábase onte vencedoras do Campionato Galego de Seleccións comarcais celebrado na cidade deportiva da Torre, na Coruña.
O combinado, dirixido por Eloy García coa axuda da xalleira Andrea Barbeira, a colexiada e adestradora superaba na final a selección de Vigo nada menos que por 5-0, confirmando o que se viña cocendo na fase de grupos.
As costeiras vencían pola mañá tamén a Vigo por 1-0, facían o propio pola tarde 1-2 a Lugo e 1-0 a Santiago. Na gran final demostraron a súa superioridade cos goles de ClaudiaNeira (2), Laura López (2) e , Carla Antelo.
A capi Martina Lago recollía así o trofeo.