mércores. 14.05.2025
El tiempo

EFM Vimianzo e Fisober FSF, campións das fermosas LCFS Alevín e Benxamín

Final Alevin da LCFS Costa da Morte 24-25 Fisober-Camarinas
Imaxe da final Alevín da LCFS Costa da Morte entre Fisober e Camariñas
EFM Vimianzo e Fisober FSF, campións das fermosas LCFS Alevín e Benxamín

Disptouse esta fin de semana en Cee, a Fase Final das Liga de Fútbol Sala Base Costa da Morte. As valiosas LCFS, nestes tempos das longas ligas de F8 que provocan unha tremenda esixencia familiar, tanto en tempo como en experiencias ao aire libre...
Tralas competición ligueira, os 4 primeiros das LCFs das categorías Alevín e Benxamín (que cada ano seguimos en www.futboldacosta.com), enfrontábanse nunha fermosa tarde de deporte.

Os gañadores foron, o Vimianzo, en categoría Benxamín, tras vencer na quenda de penaltis a un Fisterra que chegaba invicto a esta final.

O que si cumpriu os pronósticos foi o Fisober en Alevíns, pois xa chegaba contando partidos por vitorias na Liga e demostrou a súa superiorade ante Corcubión e Camariñas.

Estes foron os resultados, mentres os dous campións xa pensan na vindeira cita: o campionato intercomarcal, que se celebrará este sábado 24 maio en Muros.

LCFS Benxamíns

Semifinais:

  • EF Fisterra 7-5 EDM Muxia.
  • EMF Vimianzo 3-2 MRial.

Final: EF Fisterra 4-4 EMF Vimianzo (Ganador a penaltis EMF Vimianzo).

EFM Vimianzo campions das Ligas LCFS Benxamin
EFM Vimianzo celebrando o título Alevín

LCFS Alevíns

Semifinais:

  • Fisober FSF 6-3 EFB Corcubión.
  • EF Fisterra 1-2 EFC Camariñas.

Final: Fisober FSF 7-3 EFC Camariñas. (Campeón Fisober FSF).

O Fisober FSF campion da Liga LCFS Alevin
O Fisober FSF, o campión Alevín

Máis novas das LCFS

 

Comentarios