Os asambleístas dan luz verde ás decisiónda RFGF, que determinará os ascensos este mércores

Imaxe das reunións virtuais da RFGF cos equipos da Costa

Este mércores 27 de maio será o día no que o Comité de Competición da Real Federación Galega de Fútbol resolva, nome a nome, os equipos que ascenden de categoría. Así o anuncia o ente federativo tras analizar a consulta aos asambleistas. Dos 147 asambleístas que votaron (dos 151), o 95% votou a favor da proposta presentada pola RFGF, a cal da continuidade á aprobada pola Federación Española, dando por finalizadas todas as competicións sen descensos e habilitando á Comisión Delegada para establecer os criterios clasificatorios que determinarán os equipos ascendidos en cada categoría e decidir tamén sobre os ascensos e descensos dos árbitros.

Unha das novidades ao que foi tratado nas últimas semanas é que “si se producirán os descensos dos equipos que xa estivesen matematicamente descendidos á data de interrupción das competicións”. En todo caso, no fútbol costeiro non hai equipos nesa situación.

Fútbol base

Ademais dan por finalizadas, sin efectos clasificatorios, as competicións de fútbol 7 masculino e feminino, fútbol 11 infantil feminino, fútbol 11 alevín masculino, fútbol 8 masculino e feminino e as competicións das categorías de fútbol sala de benxamíns, prebenxamíns e biberóns.

 

Novas de Fútbol Confinado