Xoves. 04.06.2020
El tiempo

FÚTBOL DA COSTA

Manolo Corredoira analiza o futuro do Fútbol da Costa

Nestes tempos de incerteza, e tendo en conta que o fútbol é algo de importancia menor coa que temos enriba, pero a realidade é que os clubs van necesitando saber que vai ser deles nos próximos tempos.

Temos hoxe a Manolo Corredoira, delegado da Real Federación galega de Fútbol na Coruña e subdelegado para o Fútbol da Costa, que onte estivo presente na reunión que o presidente mantivo cos clubs de 2ª e 3ª (só faltaron por motivos laborais Castrelo e Porteño), completando así unha tremenda rolda de reunións con todos os clubs do fútbol galego. 

Corredoira valora a gran responsabilidade dos clubs, que demostraron suficiente altura de miras para entender o complicada que é a situación, e van aceptar a calquera decisión que tome a RFGF.

Deixou ver que as posibles decisións sobre os ascensos sería en función de criterios deportivos, nunca sobre sorteos, e está sobre a mesa a posible reestrututración das nosas 2ª e 3ª Galegas.

Novas de Fútbol Confinado

Manolo Corredoira analiza o futuro do Fútbol da Costa