Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Fútbol da Costa bota o peche á temporada con total probabilidade

  • Louzán: "É prematuro dar por fixo calquera escenario. Por agora todo son conxeturas, pero intentaremos que haia consenso e unidade de criterio en todas as federacións rexionais coa RFEF”.
  • Louzán: “Case podemos dar por anulada a temporada de Fútbol Base en Galicia”.
  • Louzán: “Despois de 55 anos, non se vai poder celebrar a Copa da Costa. Imaxinade onde estamos.”
  • Louzán: “Hai unanimidade entre os clubs de que hai que suspender a temporada no fútbol afeccionado galego. Non habería descensos; ascenderían os que estean a día de hoxe en posición de ascenso directo; é posible que haxa promocións exprés en 2ªB e 3ª, pero dificilmente no resto de ligas. Pero aínda non está a decisión tomada, pois queremos escoitar a boa parte dos clubs de Galicia".
  • Louzán: “O fútbol galego non quere partidos a porta pechada. Se hai que xogar un ou dous por causa de forza maior, xogaranse pero non varios meses. A realidade é que a próxima temporada nace condicionada e aínda non sabemos nin cantos equipos haberá en cada liga, nin cando imos empezar nin cantas xornadas se van disputar…”
Rolda de prensa virtual da RFGF
Rolda de prensa virtual da RFGF
O Fútbol da Costa bota o peche á temporada con total probabilidade

Mes e medio levamos xa de parálise xa do fútbol estatal, xusto dende aquel 11 de marzo no que a Selección Galega se proclamaba campióna de España no último partido desputado en todo o estado. Ante a situación a Real Federación Galega de Fútbol convocaba a primeira rolda de prensa virtual, con 15 medios presentes. “Estas novas tecnoloxías chegaron para quedarse”, sinalou o presidente Rafael Louzán, que xa avanzou que “a Asemblea do Fútbol Galego será telemática e celebrarase antes de que remate o mes”.

O presidente quixo empezar recordou aos que non están por esta pandemia e aos que están loitando en primeira liña, e dando conta do ERTE que sofre o ente federativo, e que afecta ao 90% do seu plantel, “porque ao non haber competicións, non hai produción”.

”Varios escenarios posibles, un máis probable, pero aínda non hai decisións definitivas”

“Hai varios posibles escenarios, posibles opcións, pero non é definitiva”, apuntou, deixando claro que “vai haber un consenso e uniformidade entre todas as federacións rexionais e a RFEF”, en canto aos 4 tipos: fútbol profesional; semiprofesional; fútbol afeccionado e fútbol base.

O escenario formulado pola Real Federación Española de Fútbol, que acepta a RFGF dar por rematada a competición, sen descensos e facer un playoff rápido express os 4 primeiros clasificados en 2ªB e 3ª División. Unha circunstancia que obrigaría a reestruturar as categorías, para conseguir que haia 16 ou 18 clubs en 2-3 anos.

Hai outros escenarios posibles:
- Dar por anulada a temporada.
- Que ascendan directamente os 4 primeiros;
- Seguir o modelo tipo sudamericano, con torneo apertura e clausura, tendo en conta os méritos desta temporada rematada e da do curso que vén
- Contabilizar só a 1ª volta, pero dos 60 cos que falamos, ningún plantexou esa posibilidade.

En todo caso, dende a Federación entenden que “a menos mala é esta que estamos estudiando”, e “cremos que o fútbol profesional tamén debe dar por rematada a temporada”.

Futbol base: temporada anulada

“Imos dar por finalizada a campaña de Fútbol Base en Galicia, anulando a temporada”, explicou Louzán. ”Se non hai clases presenciais no ensino, non pode haber fútbol, pero de cadetes para abaixo como son case todas en fases de ascenso, sería unha irresponsabilidade”. En todo caso, lembra que “estamos na fase 1 do estado de alarma. En poucos días tomaremos a decisión defintiva, pero estamos traballando en aspectos xurídicos”.

Fútbol da Costa, rematado

Tendo en conta que aínda son todo castelos no aire, Louzán deixa ver que ”emos que analizar se extrapolamos os acordos de 2ªB e 3ª (condicionados de que se poidan facer) ao resto do fútbol afeccionado. Pero quizais non se dan as circunstancias para celebrarse os playoffs nas categorías menores. Creo que non é o máis oportuno poñer en risco a sañude de moitos por un partido de categoría rexional”. Nesta tesitura, se non hai promocións nas categorías de 1ª (pendente da conversa de hoxe cos clubs), 2ª e 3ª, ascenderían os que están en posición de ascenso directo.

Ademais, Louzán, bo coñecedor da nosa competición fetiche deixou claro que “despois de 55 anos, non se vai poder celebrar a Copa da Costa. Imaxinade onde estamos.”

Reunións cos clubs

Esta semana o presidente mantivo reunións virtuais con todos os clubs da 3ª e Preferente (asistiron todos) e hoxe xoves toca cos de 1ª Galega. Reunións para pulsar a opinións dos clubs sobre o escenario máis probable, ao que os clubs responderon algún tirando para o seu lado, en función da súa posición actual na táboa, pero a maioría con responsabilidade.

”Os clubs pediron que a competición había que dala por rematada canto antes. Xa pasou algo máis dun mes, e hai que ir tomando decisións. Os clubs de 3ª aceptaron todos a proposta menos mala, pero temos que ter en conta os contratos con xogadores e cos adestradores e monitores. É certo que vai haber reclamacións, polo que necesitamos un soporte xurídico e niso estamos traballando”.

”Quero esperar para fixar posición, falando cos maior cantidade de clubs. Pero a idea que formulamos cremos que é a menos lesiva porque así premiamos aos que o fixeron ben. Podemos facer un símil co tema escolar, onde todos os nenos pasarían de curso”, sinalou.

Promocións exprés

Sobre as posibles promocións exprés, indicadas, en principio para 2ªB e 3ª, Louzán sinaloou que “se as autoridades nos din que hai garantías sanitarias, celebrarianse, seguramente, en campo neutral. Se tiveran que realizarse máis aló do mes de xuño, si se podería ampliar a licenza de xogo e a mutualidade, pero o tema dos contratos sería algo a estudiar polas partes.

Apuntou ademais que de desputarse esas promocións, “hai un acordo coa TVG para que, se finalmente se pode dar esta solución, para retransmitir por TV”.

Vindeira temporada

“O fútbol galego non quere partidos a porta pechada. Se hai que xogar un ou dous por causa de forza maior, xogaranse pero non varios meses. A realidade é que a próxima temporada nace condicionada e aínda non sabemos nin cantos equipos haberá en cada liga, nin cando imos empezar nin cantas xornadas se van disputar…”

Sobre volverá a actividade deportiva, as federacións esperan un protocolo de adestramento do CDS e das autonomías.

Sobre as axudas que nos contaba onte en QPC o presidente, Louzán recoñece que “traballamos na rebaixa nas cotas de inscrición, e nas licenzas, e alongar os prazos federativos. Pero os costes máis importante son os desprazamentos, os custes arbitrais, os monitores… Pero debemos poñer en marcha medidas que axuden. Pero se aínda non sabemos como vai ser a vindeira temporada”. Ademais, deixou claro que “haberá que ter en consideración un escenario de rebrote da pandemia, polo que traballaremos en previsión de futuro.”

Cando haberá decisións definitivas?

”A data, por desgracia, nola está marcando a situación. Pero antes de finais de mes deberíamos tela”, avanzou.

Novas relacionadas

Comentarios