Xoves. 19.09.2019
El tiempo

O Bergantiños tinguiu de vermello a I Copa da Costa feminina

O Bergantiños proclamouse campión da I Copa da Costa feminina. Foto: www.diariodeportivo.gal
O Bergantiños proclamouse campión da I Copa da Costa feminina. Foto: www.diariodeportivo.gal
O Bergantiños tinguiu de vermello a I Copa da Costa feminina

O Bergantiños venceu ás Miúdas nun partido máis disputado do que di o resultado final para acabar proclamándose campión da I Copa da Costa feminina.

Bergantiños CF 6 – 3 ED Os Miúdos

Bergantiños CF: Lara Sánchez, Eva (Lara Rabuñal m.102), Fra, Sabrina, Martasa (Seo m.67), Lore, Mery, Carla (Paula m.84), Isa Bravo (Tania m.106), Tamy (Isa Vázquez m.56) e Noe.

ED Os Miúdos: Yaiza, Martina, Laura (María de Pastora m.74), Marta (María Dosil m.51), Bárbara, Pati (Sandra m.69), Gala, Leti (Eva m.81), Noelia (Iria m.100), Paula e Antía.

Goles: 1-0 m.17: Mery; 2-0 m.35: Fra; 2-1 m.42: Noelia; 2-2 m.56: Antía (p); 2-3 m.63: Bárbara; 4-3 m.93: Seo; 5-3 m.95: Mery; 6-3 m.99: Fra.

Uns 400 siareiros déronse cita no Conco para gozar dun evento inédito ata o momento como era a I Copa da Costa feminina, na que se enfrontaban o Bergantiños e As Miúdas.

Ambos conxuntos dérono todo sobre o terreo de xogo e demostraron o gran nivel de fútbol feminino que temos na Costa da Morte.

O partido comezaría con carballesas e muradanas tratando de facerse co dominio de balón e a disputa era enorme en cada xogada, o que fixo que o encontro fose vistoso para os presentes no municipal dumbriés.

Os primeiros avisos non se farían de rogar pero Bárbara polas rossinegras e Noe polas vermellas atoparíanse coa madeira en sendos remates.

E sería no minuto 17 cando chegaría o primeiro gol da mañá e faríao nun balón en longo da retagarda carballesa que gañaría Isa Bravo para cederllo a Mery para que marcase a pracer.

Este gol deulle folgos a un Bergantiños que se veu arriba e que fixo intervir á gardameta muradana Yaiza con sendas ocasións de Fra e Mery.

A falta de dez minutos para o descanso, un gol olímpico de Fra significaría o 2-0, un tanto que espoleou a unhas Miúdas que souberon reaccionar no treito final da primeira metade, tanto foi así que Noelia lograría recortar diferenzas cun golazo.

Na reanudación, As Miúdas seguiron coa tendencia ascendente coa que remataron o primeiro acto, e as rapazas de Fran Figueroa lograron mostrarse superior ao rival e darlle a volta ao marcador cos goles de Antía de penalti e de Bárbara.

Eran os mellores momentos das muradanas e cando peor o estaba a pasar o Bergantiños, o equipo de Gueli devolverían as táboas ao electrónico despois de que Isa Bravo aproveitase un balón rexeitado na área, polo que a final se decidiría na prórroga.

Nos primeiros segundos da primeira metade do tempo extra, Yaiza evitaría que Lore vise portería dende uns 35 metros, pero pouco despois Seo nunha acción moi parecida lograría sorprender a porteira muradana cun disparo dende a semilúa do centro do campo.

E pouco despois, Mery e Fra sentenciarían a final definitivamente con sendos goles para subir ao marcador un 6-3 co que remataría un encontro no que gañou o fútbol feminino.

Bergan e As Miudas Copa da Costa feminina

Comentarios