As Campionas Galegas volvérono facer!!

Martina Lago volvendo a levantar o título de Campionas de Galicia
  • A Selección da Costa sub13 quedou campiona de Galicia de seleccións comarcais, e se confirma como a "xeración de ouro" tra gañar o título en 2024.
  • A Selección sub12 xogouse o primeiro posto no último partido ante Vigo pero caeu, demostrando o potencial do fútbol femenino base da Costa.

Dous anos despois de proclamarse Campionas Galegas (un fito histórico para a nosa comarca), as bravas xogadoras da Selección da Costa sub13, repetiron título e volveron quedar no as primerias Campionato Galego de Seleccións Comarcais femininas celebrado este sábado no Concello de Mos.

O combinado, xa calificadas como “a xeración de ouro” e que este ano dirixe o ceense Rubén Martínez, sendo a única subdelegación, superaron aos resto de combinados comarcais: A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra, e Vigo.

As costeiras comezaron dubidosas e non pasaron do empate a 0 no primeiro partido ante Ferrol. Xa ao mediodía vencía 0-1, a Pontevedra. Esa vitoria, sumanada á que realizaban despois de comer ante Vigo, tamén pola mínima, metía ás bracas na finalísima.

A final celebrouse ás 19:30h, ante as veciñas da Coruña, e tras un intenso partido, rematou co 1-1 no marcador. Tivo que gañar na quenda de penaltis para que a capi, a muradá Martina Lago (que xa marcara o gol amarelo), volvía levantar o segundo título comarcal para a Selección Amarela.

Seleccion da Costa sub13 feminina campiona Galicia 2026 6

As sub13 da Costa formou con: 

  • Valentina García.
  • Noa Rellán.
  • Noa Sambad.
  • Martina Lago.
  • Martina Fedez..
  • Claudia Ares.
  • Laura López.
  • Lucía Romero.
  • Paula Miñones.
  • Valeria Fondo.
  • Valeria Rey.
  • Sabela Varela.
  • Lola Soneira.
  • Claudia Neira.
  • Antía Puñal.
  • Noemí Rod.
  • Zoe Montero.
  • Gema Mouzo.

As sub12

Tamén participou a selección sub12 dirixida polo xalleiro Eloy García Feteira, que foi o adestrador campión en 2024. Este ano en formato F7, competiron moi ben, quedando ás portas do triunfo. Comezaron mpatando a 0 con Ferrol, como as maiores, no primeiro partido; pero despois venceron a Pontevedra 2-3. Xogábanse o campionato no último partido ante Vigo, pero caeron por 3-0, despois dun grandísimo esforzo.

As costeiras sub12 formaron con:

  • Xenia Marcha (Dumbría).
  • Vega Cives (Cee).
  • Uxía Caamaño (Concello de Zas).
  • Lucía Rod (Cee).
  • Carmen Toja (Laxe).
  • Sofía Calo (Cee).
  • Sofía Eirís (Cerqueda).
  • Sara Roca (Concello de Zas).
  • Olivia Gosende (Outes).
  • Marina Andrade (Cee).
  • Melania Pérez (Dumbría).
  • Sara Muíño (Xallas).
  • Jimena Gordillo (EFC Carnota).
  • Eva Carballo (As Miúdas).

O Campionato de 2024

Outras novas