As Campionas Galegas volvérono facer!!
- A Selección da Costa sub13 quedou campiona de Galicia de seleccións comarcais, e se confirma como a "xeración de ouro" tra gañar o título en 2024.
- A Selección sub12 xogouse o primeiro posto no último partido ante Vigo pero caeu, demostrando o potencial do fútbol femenino base da Costa.
Dous anos despois de proclamarse Campionas Galegas (un fito histórico para a nosa comarca), as bravas xogadoras da Selección da Costa sub13, repetiron título e volveron quedar no as primerias Campionato Galego de Seleccións Comarcais femininas celebrado este sábado no Concello de Mos.

O combinado, xa calificadas como “a xeración de ouro” e que este ano dirixe o ceense Rubén Martínez, sendo a única subdelegación, superaron aos resto de combinados comarcais: A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra, e Vigo.
As costeiras comezaron dubidosas e non pasaron do empate a 0 no primeiro partido ante Ferrol. Xa ao mediodía vencía 0-1, a Pontevedra. Esa vitoria, sumanada á que realizaban despois de comer ante Vigo, tamén pola mínima, metía ás bracas na finalísima.
A final celebrouse ás 19:30h, ante as veciñas da Coruña, e tras un intenso partido, rematou co 1-1 no marcador. Tivo que gañar na quenda de penaltis para que a capi, a muradá Martina Lago (que xa marcara o gol amarelo), volvía levantar o segundo título comarcal para a Selección Amarela.

As sub13 da Costa formou con:
- Valentina García (Dumbría CF)
- Noa Rellán (CDC Zas).
- Noa Sambad (Dumbría CF, Muxía CF e Bergantiños CF).
- Martina Lago (Dumbría CF e Os Miúdos).
- Martina Fdez. (ED Os Miúdos).
- Claudia Ares (UC Cee).
- Laura López (CDC Zas).
- Lucía Romero (Outes FC).
- Paula Miñones (Dumbría CF e EF Juan Cabrejo).
- Valeria Fondo (CDC Zas).
- Valeria Rey (SD Sofán).
- Sabela Varela (UD Cerqueda e Corme CF).
- Lola Soneira (Muxía CF).
- Claudia Neira (UD Cerqueda e Corme CF).
- Antía Puñal (UD Cerqueda e Corme CF).
- Noemí Rod. (Dumbría CF e EM Carnota)
- Zoe Montero (Dumbría CF).
- Gema Mouzo (Soneira SD, A Baleas e Muxía CF).


As sub12
Tamén participou a selección sub12 dirixida polo xalleiro Eloy García Feteira, que foi o adestrador campión en 2024. Este ano en formato F7, competiron moi ben, quedando ás portas do triunfo. Comezaron mpatando a 0 con Ferrol, como as maiores, no primeiro partido; pero despois venceron a Pontevedra 2-3. Xogábanse o campionato no último partido ante Vigo, pero caeron por 3-0, despois dun grandísimo esforzo.

As costeiras sub12 formaron con:
- Xenia Marcha (Dumbría).
- Vega Cives (Cee).
- Uxía Caamaño (Concello de Zas).
- Lucía Rod (Cee).
- Carmen Toja (Laxe).
- Sofía Calo (Cee).
- Sofía Eirís (Cerqueda).
- Sara Roca (Concello de Zas).
- Olivia Gosende (Outes).
- Marina Andrade (Cee).
- Melania Pérez (Dumbría).
- Sara Muíño (Xallas).
- Jimena Gordillo (EFC Carnota).
- Eva Carballo (As Miúdas).

