Coke e Iván Couto ratifican o poderío xalleiro nas Ligas da Costa cos Premios Pombo
Que o Castriz fose o campión da Liga da Costa e o Xallas da 3ª, explícase dende atrás, dende a portería. Así damos conta dos tremendos números que certificaron Coke na meta rossonera e Iván Couto na verde, sendo os dous metas os que recibirán os Premios Pombo da 2ª e da 3ª na IX Gala do Fútbol da Costa- QPC. Unha gala que ademais se vai celebrar o venres 7 de xullo no Edificio Multiusos de Santa Comba.
“Coke”, Álvaro Blanco Gerpe, porteiro do Castriz, é o Premio Pombo da 2ª Galicia 23/24, ao recibir tan só 19 goles en 22 partidos disputados. O meta, natural de Santa Comba, formouse na canteira do club verde, club no que estivo ata as 21/22 que fichou polo Soneira. Este ano firmaba polo Castriz pensando no ascenso e precisamente neste título.
Por detrás quedaron outros como Jose Mariolo (o meta do Porteño galou o premio da 3ª o ano pasado), Ángel (Mazaricos) a pesar de perderse parte da temporada por problemas laborais, Jose Domingo (Muxía), Dani (Outes) ou Pedro (Monte Louro), unha das grandes sorpresas da categoría.
Pola súa parte, na 3ª, o campión indiscutible, Xallas, cimentouse na meta, cun porteiro doutra categoría como é Iván Couto. O tamén meta natural de Santa Comba, é o claro Premio Pombo da 3ª Galicia, moi por diante dos seus perseguidores.
Repasamos as táboas cos nomes destacados.
PREMIO POMBO 2ª | Goles | Partidos | Media |
Coke (Castriz) | 18 | 22 | 0,6923076923 |
Ángel (Mazaricos) | 29 | 20 | 1,45 |
Jose Mariolo (Porteño) | 30 | 26 | 1,153846154 |
Jode Domingo (Muxia) | 39 | 28 | 1,392857143 |
Dani (Outes) | 40 | 28 | 1,428571429 |
Pedro (Monte Louro) | 43 | 30 | 1,433333333 |
PREMIO POMBO 3ª | Goles | Partidos | Media |
Iván Couto (Xallas) | 19 | 26 | 0,7307692308 |
Raul (Lira) | 25 | 19 | 1,315789474 |
Mario Varela (Sofán B) | 37 | 18 | 2,055555556 |
Bruno (Corcubion) | 41 | 25 | 1,64 |