Mércores. 22.05.2024
El tiempo

Santa Comba acollerá a IX Gala do Fútbol da Costa - QPC

Azafatos do Xallas na Gala do Futbol da Costa en Santa Comba
Azafatos do Xallas na Gala do Futbol da Costa en Santa Comba
Santa Comba acollerá a IX Gala do Fútbol da Costa - QPC

Venres 7 de xuño no Edificio Multiusos de Santa Comba.

Xa temos data e lugar para a IX Gala do Fútbol da Costa - QPC. O diario dixital da Costa da Morte non faltará, gracias á gran disposición do grupo de goberno do Concello xalleiro, así como a colaboración máxima dos seus fantásticos técnicos, á súa cita con esta festa de todo o fútbol costeiro. Unha honra volver ao lugar onde tan ben o pasamos na edición de 2018, ademais neste 2024 que tantos éxitos están protagonizando os equipos xalleiros.

Serán máis de 40 premios (de novo os prezados balóns da Olería de Buño xa convertidos en elementos fetiches dos salóns da comarca) os que se outorgarán durante unha gala que será absolutamente paritaria, e que engloba ás categorías masculinas de Preferente, 1ª Galicia, 2ª Galicia e 3ª Galicia; ás categorías femininas de 2ª Galicia e 3ª Galicia; así como o fútbol base, que seguirá contando co Premio Especial Abdoulaye.

Lembraremos a Alex Pombo cos premios que levan o seu nome aos porteiros e porteiras menos batidos, e os colexiados tamén terán o seu protagonismo, como sempre, lembrando tamén a Lucas Vidal.

Pero a meirande parte dos premios (11 Ideal Masculino e Feminino, Mellor Adestrador Masc e Mellor Adestrador FEM, Mellor Xogador e Mellor Xogadora, Mellor Equipo Masculino e Mellor Equipo Feminino e Mellor Directiva) serán escollidos, coma sempre, a través das votacións dos representantes dos clubs.

Xa iremos debullando máis detalles sobre o desenvolvemento da mesma.

Foto da Gala do Futbol da Costa 2018 en Santa Comba
Así estaba o edificio Multiusos na Gala de 2018

Comentarios