Bruno e Adrián Vázquez, os pichichis das Ligas da Costa, recibirán o seu trofeo na Gala
Remataron as Ligas da Costa e a meirande parte dos clubs xa colgan as botas, pendentes, iso si, da Copa e da IX Gala do Fútbol da Costa - QPC. Unha gala que ademais se vai celebrar o venres 7 de xullo no Edificio Multiusos de Santa Comba e na que se entregarán 42 premios.
Entre eles, os Premios Pombo aos mellores porteiros e porteiras do fútbol costeiro, pero tamén aos Pichichis, como non podía ser doutro xeito.
Así, o pichichi da Liga da Costa 23/24 é Bruno Romero. O xogador fisterrán do Cee, que fixo unha dupla impresionante con Eze, remata o curso con 36 goles, polos 33 de Djibril.
Así mesmo, na 3ª; o pichichi é finalmente Adrián Vázquez, dianteiro do Sofán B, natural de Sofán e aínda con 19 anos, cun total de 29 goles, só 2 máis que Javi Suárez (Zas).
Repasamos as táboas.
| PICHICHI 2ª | Goles | Partidos | Media |
| Bruno (Cee) | 36 | 30 | 1,2 |
| Djibril (Camariñas) | 33 | 27 | 1,22 |
| Adrián García (Castriz) | 23 | 27 | 0,85 |
| Sebas (Castriz) | 22 | 26 | 0,84 |
| Alejo (Corme) | 20 | 15 | 1,33 |
| Fran Moreira (Muxía) | 20 | 27 | 0,74 |
| Chipi (Porteño) | 19 | 20 | 0,95 |
| Noli (Castriz) | 19 | 25 | 0,69 |
| Manu Nogueira (Muxía) | 17 | 22 | 0,77 |
| Rachón (Mazaricos) | 17 | 25 | 0,68 |
| PICHICHI 3ª | Goles | Partidos | Media |
| Adrián Vázquez (Sofán B) | 29 | 28 | 1,03 |
| Javi Suárez (Zas) | 27 | 24 | 1,12 |
| César Lojo (Corcubión) | 27 | 29 | 0,96 |
| Ibra (Malpica) | 26 | 18 | 1,44 |
| Iago Lema (Corcubión) | 25 | 26 | 0,81 |
| Rubén Sande (Xallas) | 19 | 24 | 0,79 |
| Nacho (Oza) | 18 | 26 | 0,69 |
