Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Coke e Iván Couto ratifican o poderío xalleiro nas Ligas da Costa cos Premios Pombo

Coke e Ivan Couto porteiros do Castriz e Xallas os Premio Zamora do Futbol da Costa 23-24-Fotos-Katya
Coke e Iván Couto son os Premios Pombo da Costa-Fotos-Katya
Coke e Iván Couto ratifican o poderío xalleiro nas Ligas da Costa cos Premios Pombo

Que o Castriz fose o campión da Liga da Costa e o Xallas da 3ª, explícase dende atrás, dende a portería. Así damos conta dos tremendos números que certificaron Coke na meta rossonera e Iván Couto na verde, sendo os dous metas os que recibirán os Premios Pombo da 2ª e da 3ª na IX Gala do Fútbol da Costa- QPC. Unha gala que ademais se vai celebrar o venres 7 de xullo no Edificio Multiusos de Santa Comba.

“Coke”, Álvaro Blanco Gerpe, porteiro do Castriz, é o Premio Pombo da 2ª Galicia 23/24, ao recibir tan só 19 goles en 22 partidos disputados. O meta, natural de Santa Comba, formouse na canteira do club verde, club no que estivo ata as 21/22 que fichou polo Soneira. Este ano firmaba polo Castriz pensando no ascenso e precisamente neste título.
Por detrás quedaron outros como Jose Mariolo (o meta do Porteño galou o premio da 3ª o ano pasado), Ángel (Mazaricos) a pesar de perderse parte da temporada por problemas laborais, Jose Domingo (Muxía), Dani (Outes) ou Pedro (Monte Louro), unha das grandes sorpresas da categoría.

Pola súa parte, na 3ª, o campión indiscutible, Xallas, cimentouse na meta, cun porteiro doutra categoría como é Iván Couto. O tamén meta natural de Santa Comba, é o claro Premio Pombo da 3ª Galicia, moi por diante dos seus perseguidores.

Repasamos as táboas cos nomes destacados.

PREMIO POMBO 2ª Goles Partidos Media
Coke (Castriz) 18 22 0,6923076923
Ángel (Mazaricos) 29 20 1,45
Jose Mariolo (Porteño) 30 26 1,153846154
Jode Domingo (Muxia) 39 28 1,392857143
Dani (Outes) 40 28 1,428571429
Pedro (Monte Louro) 43 30 1,433333333

PREMIO POMBO 3ª Goles Partidos Media
Iván Couto (Xallas) 19 26 0,7307692308
Raul (Lira) 25 19 1,315789474
Mario Varela (Sofán B) 37 18 2,055555556
Bruno (Corcubion) 41 25 1,64

 

Máis info

Comentarios