Consegue os últimos cromos para completar o teu #AlbumdaCosta

Como anunciabamos nas bases, do 1 ao 15 de xuño podes pedir os cromos que che faltan para completar o #AlbumdaCosta. Dende QPC e Sportcrom abrimos o prazo para que nos enviedes a info@quepasanacosta.com a lista dos 20 cromos (máximo) que che faltan, a un prezo de 0,40€ cada cromo. Deberás indicar a posición, o equipo o nome completo do cromos que falta, e nos poremos en contacto co teu club ou directamente contigo para enviarchos.

Quedada de intercambio

Ademais, pronto daremos conta da Gala do Fútbol da Costa - QPC, na que convocaremos unha Quedada de intecambio e venderemos, con ofertas especiais, os últimos sobres que nos quedan.

 

Todas as novidades do Álbum da Costa