Mércores. 17.07.2019
El tiempo

Xogadoras e árbitros, protagonistas da Gala de estrea do Álbum da Costa

Xogadoras e árbitros, protagonistas da Gala de estrea do Álbum da Costa
As capis de Bergantiños e As Miúdas, unhas das grandes protagonistas da Gala do álbum da Costa As capis de Bergantiños e As Miúdas, unhas das grandes protagonistas da Gala do álbum da Costa Este venres 21 de decembro tivo lugar na Casa da Cultura de Vimianzo a presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa 2018/2019. Unha iniciativa pioneira e única no fútbol modesto galego, que reúne nunha soa publicación co simbolismo dun álbum de cromos, todo o Fútbol da Costa. A zaseira Mónica Martínez dirixiu maxistralmente a Gala Unha cita conducida con mestría por Mónica Martínez, na que as grandes protagonistas foron, co permiso de Lendoiro, as xogadoras do Fútbol Feminino costeiro. Ante a absoluta falta de xogadores dos equipos costeiros, a presencia feminina masiva serve de punto de inflexión para o Fútbol da Costa, que segue avanzando cara unha normalizada igualdade. As capitanas do Bergantiños Feminino e o cadro muradán das Miúdas tomaron a palabra. Estudadas palabras da capi bergantiñana Seo, de agradecemento e compromiso, e improvisada interenvención da muradá Antía, que deixou caer á Real Federación Galega a pregunta de para cando unha Copa da Costa Feminina, unha posibilidade xa aberta para que a RFGF federe a fermosa proposta da Asociación Vidú. https://www.facebook.com/54096792176/posts/10156721957882177/ Os outros grandes protagonistas e, dos máis agradecidos, volveron ser os árbitros. O subdelegado Vítor Recarei agradeceu o trato de QPC e valorou que este debe ser o primeiro álbum da historia do fútbol español que ten en conta aos colexiados. Vítor Recarei agradeceu o apoio de QPC A Gala tamén serviu de presentación da nova "fichaxe" xalleira da Directiva da Real Federación Galega de Fútbol. Rafael Louzán, presidente da RFGF aproveitou para facer a presentación oficial de Silvia Cancela, que será a voz do Fútbol costeiro no ente federativo. Rafael Louzán con Silvia Cancela na Gala Antes, o Alcalde de Vimianzo Manuel Antelo, daba a benvida, e Alberto Pose, representante de Quepasanacosta (promotor da iniciativa xunto coa empresa viguesa Sportcrom) facía a exposición de motivos polos que un diario dixital se lanza a esta aventura, co único interese de seguir vetebrando, como fai dende hai 11 anos, a Costa da Morte a través do Deporte. O fotógrafo do álbum, David Castro, contou algunha das difíciles batallas vividas cos equipos durante a "rodaxe" do mesmo. Lendoiro falou marabillas no Fútbol da Costa Lendoiro falou marabillas no Fútbol da Costa A gran figura da gala foi Augusto César Lendoiro. O ex presidente de toda a familia branquazul repasou, entrevistado pola xornalista zaseira, a súa infancia na vila de Corcubión, e tocou numerosos temas de actualidade, ademais de falar con naturalidade da súa xa superada enfermidade. Pero repasaremos a entrevista nunha crónica específica pois a conversa merece a pena. A cita rematou cuns pinchos gracias ao Concello de Vimianzo, e os, e sobre todo as presentes puideron facerse cos primeiros cromos e dende xa toda a veciñanza da Costa da Morte poderá mercalos en máis de 20 puntos de venta repartidos pola bisbarra. Os cromos voaron pola Gala

Comentarios