Martes. 17.09.2019
El tiempo

Muros, Corme, Vimianzo e Baio, os puntos quentes do Álbum da Costa

Lorena, da Papelería Vidú de Corme, coa coleccionista Marisa; Mayco do London Vimianzo; María e Ramón do Estanco Goya de Muros e MC da Cervecería Río Grande de Baio.
Lorena, da Papelería Vidú de Corme, coa coleccionista Marisa; Mayco do London Vimianzo; María e Ramón do Estanco Goya de Muros e MC da Cervecería Río Grande de Baio.
Muros, Corme, Vimianzo e Baio, os puntos quentes do Álbum da Costa

Recta final para o Álbum de Cromos do Fútbol da Costa. Tras dous meses de coleccionarmos as nosas propias estrellas, un inmellorable xeito de “facer comarca”, os puntos de venda da zona están agotando os últimos sobres. Afiade ademais eses grupos de whastapp para facer os cambios dos repes, que eses tacos de cromos repetidos poden valer para completar os álbumes doutros amigos.

Un Álbum interxeracional, tal e como nos contan os responsables dos puntos de venda. Uns dos grandes coleccionistas son os propios xogadores, non cabe dúbida. Non en todas partes, dende logo, pois hai futbolistas menos estirados que outros. Tamén as nais, ou outros familiares de maior idade, así como directivos, están implicadísimos na colección. Pero sen dúbida, o que máis nos alegra é ver como os rapaces da bisbarra, xogadores de base dalgún dos nosos clubs, deixan de lado os cromos da Liga para poñerse a descubrir as grandes figuras da súa contorna, verdadeiros exemplos de entrega.

Cromos da Costa

Premio ao álbum completo

Porque xa sabedes que completar o álbum pode ter premio. Da man de Abramar Viaxes, celebraremos o vindeiro mes de xullo un sorteo dunha noite de hotel e dúas entradas ao Parque Warner ou a Portaventura.

Para iso, fai varias fotos do album completo e mándanos os teus datos a [email protected], e entrarás no sorteo.

Os puntos quentes dos cromos da Costa

A día de hoxe xa podemos dicir cales son os lugares onde os cromos voan con máis facilidade. Cómpre salientar o pobo de Corme, onde os bravos Lorena e Martín da Papelería Vidú están enchendo de cromos toda a vila, levando tamén os sobres ao Cairo.

Que dicir do London, en Vimianzo. Mayco podería ser o manager mellor pagado do fútbol da Costa se aproveitase a súa estratexia posición no epicentro do tempo de ocio dos futbolistas do centro da bisbarra. As caixas de sobres que temos deixado no London meten medo.

Outro dos lugares onde non dan feito é en Baio. O Bar Trébol, a Cervecería Río Grande, Casa Rogelio e a Peluquería Miguel non teñen parada cos cromos e andan aínda acabando neles e pedindo máis e máis.

Caso aparte merece Muros, onde ben é certo que hai 4-5 equipos no arredor. Se ben o CD Muros, o Montelouro, ou a Esteirana distribuíron nas súas cantinas os seus cromos, o Estanco Goya Nº1 de Muros agotou en varias ocasións as existencias. Gracias á implicación das Miúdas, unhas das mellores coleccionistas de toda a volta, como demostraron na presentación oficial, e dos rapaces do Volantes, é un dos puntos que máis vende da bisbarra.

Todas as novidades do Álbum da Costa

Comentarios