Mércores. 19.06.2019
El tiempo

Copa da Costa: Todo por decidir na volta das semifinais

Imaxe do Esteirana - Corme. Foto: Fin Lema
Imaxe do Esteirana - Corme. Foto: Fin Lema
Copa da Costa: Todo por decidir na volta das semifinais

A Copa da Costa está chegando ao seu fin e nos encontros de ida das semifinais, a igualdade foi máxima. Tanto foi así que a Esteirana e o Corme empataron sen goles no Xosé Luis Vara e nas Redondas, o marcador reflexaba o 1-1 ao remate do Cabana-Camariñas.

SD Esteirana 0 – 0 Corme CF

  • SD Esteirana: MJ, Codesido, Tobío, Dani Rama, Maroñas, Josiño Alves, Adrián, Álex Rama, Manu de Yi (Carajillo m.69), Elías (Pachi m.75) e Róber Pladur.
  • Corme CF: Suso, Brais Torrado, Alejandro (Toniño m.72), Pandi, Javi Peón, Sueiro (Aitor m.88), Eloy (Manu Bermúdez m.74), Brais, Adrián Doldán (Diego m.84), Lucas e Alejo.

Denominada como a eliminatoria dos favoritos, Esteirana e Corme non ofreceron a súa mellor imaxe sobre o terreo de xogo e iso fixo que os numerosos afeccionados presentes no Xosé Luis Vara non visen un bo encontro, xa que foi pouco vistoso por ambas partes e as ocasións brillarían pola súa ausencia, sobre todo, nunha primeira metade na que non houbo nin unha soa ocasión.

Pasillo de ambos equipos á Esteirana cadete

No segundo acto, a tónica do partido seguiría sendo a mesma que mediada esta segunda parte parecía que o encontro ía collendo un pouco de cor, momento no que Alejo tivo a mellor ocasión do envite logo dunha internada de Adrián Doldán, pero MJ evitaría o gol do dianteiro cormelán.

No tramo final do encontro, Lucas tamén o intentaría cun disparo dende a frontal da área que se marcharía desviado por pouco, polo que o encontro remataría cun 0-0 que deixa todo por decidir na volta.

Cabana SD 1 – 1 Camariñas FC

Cabana-Camarinas

  • Cabana SD: Darío, Pablo Senande (Fernando m.85), Duda, Pipa, Dani (Aarón m.46), Manolo, Castro (Ismael m.81), Iván (Christian m.88), Manuel (Simón m.68), Cacha e Santi.
  • Camariñas FC: Pablo, Soule, Rodri, Fran, Mario, Miki (Juan m.68), Djibi, Nico, Óliver, Dani Moreno, Anxo (Brais m.46).
  • Goles: 1-0 m.14: Manuel; 1-1 m.90: Pablo (p).
  • Expulsións: O adestrador camariñán Berto no minuto 43, Soule no 55 e no 73.

Partido moi parello entre dous equipos que se coñecen á perfección e no que se adiantaba o Cabana cun gol de Manuel a pase de Iván, a pesares de que os cabaneses non estiveron á altura das anteriores eliminatorias contaxiándose do xogo duns camariñáns que a pesares de quedarse con dez pola expulsión de Soule, non se viñeron abaixo e aproveitaron que os locais tamén se quedaron cun menos despois de que Duda vise o segundo cartón, para dar un paso á fronte e provocar dous penaltis nos minutos finais, e logo de que o gardameta cabanés Darío fose protagonista ao deter o primeiro, o seu homónimo Pablo collería o protagonismo ao transformar o segundo no definitivo 1-1, que deixa todo aberto para o encontro da vindeira semana no Hermanas Patiño.

Comentarios