Copa da Costa: Uns cuartos ateigados
Tremenda esta Copa da Costa. Disputábanse 3 das 4 eliminatorias de Cuartos (para o martes queda o Muxía - Sofán, porque os carballeses están xogando a fase de ascenso á 3ª Fed.), e os campos abarrotados, e a máxima igualdalde demostran a potencia desta competición.
Dumbría e Castriz veranse as caras nas semis, mentres que o sorprendente Outes espera rival.
Camariñas - Castriz (1-2)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Caamaño, Carlos, Pablo Suárez, Moriño Roi, Javi, Soule, Mario e Djibril. Tamén: Nazo, Manuel, Hugo e Borja.
- Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Samuel, Anxo, Brais, Carlos Rieiro, Adrián García, Borja Gándara, Josiño e Iván Pastoriza. Tamén: Rodo, Alberto Mata e Gesto.
- Goles: 0-1, m.40: Josiño co exterior tras pase de Borja Gándara; 0-2, m.63: Samuel en condución 1-2, m.70: Moriño nun córner.
Partidazo auténtico do Fútbol da Costa, co Vicente Carril ateigado de xente do cadro local pero tamén con parte da afección rossonera. Comezaba o choque con moito respecto, con moita presión, e moi trabado. Soule e Mario llevaban perigo pero non acababan de finalizar as xogadas en ocasións claras, memtres que os visitantes tiveron un par de chegadas na primeira metade, unha que tivo que sacar a defensa na liña de gol, e outra que rematou Josiño dentro da área, pouco antes do seu propio gol tras un pase de Borja Gándara.
Comezaba a segunda o cadro de Cabrejo apretando e chegando máis con xente arriba, e prontou chegou a que puido ser a xogada chave do partido. Un balón ás costas da defensa, Mario adiántase aos centrais e á saída do porteiro e remata de cabeza, pero sca un defensa na liña de gol cando o campo xa cantaba gol. Na seguinte xogada Samuel facía o segundo na contra. O cadro xalleiro, cun puntiño máis fisicamente, parecía ter a cousa encarrilada, pero nun córner Moriño marcaba de cabeza e metía de cheo aos seus no partido. Foron 20 minutos de tensión, de nervios, sen grandes ocasións en ningunha das dúas áreas, e o choque foi morrendo cun Castriz que tirou de oficio para que se xogara o menos posible.
Ponteceso - Dumbría (1-5)
- Ponteceso: Brais, Ángel, Pedro, Luca, Javi Souto, David Castro, Alberto Recarey, Mara, Iván Rod., Puente e Eloy Álvarez. Tamén: Diego, Juan Rey, Neira, David Lema, Dani Rod., Simal e Iago Canizas.
- Dumbría: Anxo, Kanario, Mataso, Dani Chao, Antón, Alex Marcote, Lucas, Toni, Juanjo, Xabi Castro e Estévez. Tamén: Isma, Breixo Castro, Breixo, Adrián Periscal, Pablo Costa, Iago, Brais e Iago.
- Goles: 0-1, m.29: Diego Estévez; 0-2, m.47: Xabi Castro; 0-3 m.55: Xabi Castro; 1-3, m.68. Luca; 1-4, m.81: Diego Estévez; 1-5, m.83: Adrián Periscal.
Partido de cuartos de final da Copa da Costa entre dous dos semifinalistas da última edición. Ponteceso e Dumbría loitaban por unha das prazas en semifinais. Os visitantes fixeron valer a súa superioridade ante un Ponteceso que só aguantou a primeira parte. Os de Pablo Conde, con mellor xogo colectivo e individual, foron 0-1 o descanso cun gol de Diego. Na segunda parte sentenciaron a eliminatoria nos primeiros minutos con outros dous goles no primeiro cuarto de hora. Os de Julio Vila reduciron distancias poñendo o 1-3 pero os visitantes volveron aumentala conta con outros dous goles nos últimos minutos.
Outes - Esteirana (3-2)
- Outes: Ryam, Stefan, Paullo, Sergio Santamaría, Martín, Sanchiño, Jura, Mario, Iván, Brais, Keko. Tamén: Adrián, Chía, Alberto, Yago Dosil, Adrián Tomé, e Manel Carou.
- Esteirana: MJ, Damián, Godo, Code, Tobío, Alex Rama, Pablo Rama, Toni, Oli e Elías. Tamén: Kevin, Antón, Piki, Pachi e Adán.
- Goles: 1-0, m.5: Keko fai un golazo dende lonxe; 2-0, m.37: Keko pega unha volea dende o medio campo, bota e se cola por riba de MJ; 2-1, m.60: Oli; 3-1, m.84: Keko de falta directa; 3-2, m.90: Pachi.
Partido con medio millar de persoas nas bancadas do Cunchido, e comezaba co Outes aproveitando o vento a favor e presionando moi arriba e moi forte. Nada máis comezar Keko sácase un golazo dende lonxe. O equipo de Gonzalo seguía presionando e Mario, Brais e Keko facían dano polas bandas, tendo outra Brais. Pero os de Iván González comezaban a superar liñas e prantarse na área de Ryan. Un centro de Code por banda que remata Elías coa cadeira, unha de Róber Padlur de chilena, outra de Pablo Rama… chegaban ocasións visitantes pero o marcador non se movía, ata que Keko se saca un despexe de volea dende o medio campo, o balón bota na área e se cola por riba de MJ ante a sorpresa de todo o mundo.
Na segunda, o cadro esteirán métese máis arriba, pero sufría a lesión de Álex Rama, que o día do que foi o seu último partido acaba lesionado Así e todo, tras achuchar varias, nunha internada, Jura é expulsado cando faille falta a Elías cando marcha só contra o porteiro. Adán e Elías avisaban pero era Oli o que recurtaba con aínda media hora por diante e a Esteirana por debaixo pero cun home máis. Seguía apretando o cadro esteirán e os da Serra intentando calmar o partido, e volviu aparecer o home da xornada: Keko, para marcar unha falta directa fantástica. Seguiron pelexando os esteiráns, Pachi aínda marcaba no m.90, e no desconto aínda tivo algunha pero os da Serra aguantaron como puideron.