luns. 26.05.2025
El tiempo

Baio e Soneira quedan eliminados na prórroga e nos penaltis con duras críticas dos soneiráns

  • Ratifícase así o descenso do Coristanco á 3ª FUTGAL.
Baio-Cacheiras na promo
Imaxe do Baio-Cacheiras
Baio e Soneira quedan eliminados na prórroga e nos penaltis con duras críticas dos soneiráns

A pesar das boas sensacións da ida, os nosos equipos da Liga da Costa quedaron apeados da Fase de Ascenso á 1ª FUTGAL. O Baio non puido cun moi bo Cacheiras, e aguantou ata a prórroga; mentres que o Soneira caeu na quenda de penaltis pero con moitas queixas da actuación arbitral. ”Temos que de unha vez formar unha asociación de clubes na Costa que defenda os nosos intereses”, sentenza o seu adestrador Josiño Abelenda tralo vivido no campo da Veiga, en Riotorto.

A eliminación dos dous conxuntos provoca o descenso do Coristanco á 3ª FUTGAL.

Baio - Cacheiras (1-3)

  • Baio: Rodri, Norberto, Pazos, Damián, Carreira, Manu Vila, Sergio, Chechi, Alex Muíño, Mamadou e MC. Tamén: Yago, Bruno, Rubén, Josiño e Víctor.
  • Goles: 0.1, m.75; 1-1, m.79: MC de penalti; 1-2, m.95; 1-3, m.120.

Non aguantou o Baio o ritmo do Cacheiras que apretou na prórroga para levar o pase. O cadro santiagués dominaba máis o partido, pero o equipo de Félix non sufría demasiado. O partido seguía empatado ata o min.75, cando os santiagueses abrían o marcador. Respondían pronto os baieses e MC empataba a elininatoria, e mandaba o partido á prórroga. Pero xusto antes lesionábase, baixa que provocou un forte baixón dos branquiazuis que se viron superados no tempo extra.

Riotorto - Soneira (3-1)

  • Soneira: Pity, Maikol, Gusa, Héctor, Brais, Adrrán Canosa, Javi, Pichi, Oreiro, David LP e Richi. Tamén: Dono, Iván, Cachi, Sergio e Bieito.
  • Goles: 0-1, m.12: Adrián Canosa tras unha gran acción de Richi; 1-1, m.22, 2-1, m.43; 3-1, m.86.

Tralo 2-0 da ida, viaxaba con esperanzas o Soneira ata Lugo para pasar a primeira das dúas eliminatorias que necesitaba para ascender de categoría. E a cousa parecía poñerse de cara cando Adrián Canosa adiantaba aos de Josiño Abelenda antes de se cumpliar o cuarto de hora de xogo tras un xogadón de Richi. O equipo local limitábase a mandar balóns arriba pero en dúas ocasións a balón parado conseguían darlle a volta ao marcador antes do descanso.

Estivo moi ben o Soneira na segunda, aguantando sen sufrir ata que, segundo denuncian varios membros do equipo vimiancés, apareceu árbitro para permitir que os locais lograsen empatar a eliminatoria a 4 minutos dos 90 regulamentarios.

Xa cun home máis, logo da expulsión dun xogador local por unha agresión a Richi, en toda a prórroga os soneiráns xeraron moitas ocasións pero non acertaron, mentres o colexiado desquiciaba aos visitantes.

A cousa chegaba así á quenda de penaltis, e Piy paraba o cuarto, pero Cachi fallaba o quinto que podía ser definitivo. Maikol fallou o 6º mandando pero os locais marcaron tras pegar o balón no longueiro.

”Vai todo equipo destrozado no bus logo dunha gran eliminatoria na que sometemos ao Riotorto en todo momento e cunha arbitraxe nefasta e diría que de vergoña, vamos para casa eliminados e sentindo que non nos deixaron pelexar polo ascenso”, denuncia o addestrador soneirán. “En todos os anos que levo nisto por toda Galicia nunca me pasou de sentirme humillado cada vez que viña o árbitro a amenazar ao corpo técnico e aos nosos xogadores e aos de Riotorto permitirlle todo”.

Máis info

Máis novas

Comentarios