Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Crónica: Xornada de case descensos

  • Os resultados das competicións ligueiras e o carrusel dominical en www.futboldacosta.com.
  • Os resultados das Fases Finais e da Copa da Costa sempre actualizados en www.copadacosta.com.
  • O Cee cadete e o Xallas infantil quedaron ás portas das finais polo ascenso ás Ligas Galegas
  • O Oza, a un paso do ascenso á Liga da Costa
Zas-Buno
Imaxe dun Buño-Zas cos dous equipos descendidos
Crónica: Xornada de case descensos

Ademais do ascenso confirmado onte do UD Corcubión, co regreso á Liga da Costa tras 5 anos na última categoría do fútbol federado, a xornada deixaba unha manchea de novidades.

Gran xornada para o Xallas

Case que o meirande beneficiado da fin de semana foi o Xallas. O cadro de David González vencía onte a todo un Boiro en Fontenla e mira en fite a permanencia. Polo de pronto, os xalleiros durmen en postos de salvación con 2 puntos sobre o As Pontes pero cun partido máis, tamén.

Unha permanencia que podería ademais salvar un posto de arrastre no resto de categorías.

Caída na 1ª

Está sendo longo este treito final de campaña para os nosos na 1ª. Na Fase de Ascenso Baio e Mazaricos están desexando acabar para centrarse na Copa tralo remate desta fase.
Nos grupos pola Permanencia, se ben Dumbría e Soneira selaron a súa permanencia, os outros 3 equipos (Corme, Volantes, Ponteceso) din practicamente adeus á categoría, a pesar de mesmo ter sumado. A vitoria do Volantes deixa un halo de esperanza, non só en Baño, senón tamén na 2ª, onde a súa permanencia significaría un arrastre menos.

Esteirana cede pero aínda ten marxe

Na Liga da Costa, tamén hai de todo. Por arriba, a Esteirana cedía o seu primeiro empate, e o Muxía xa o alcanza na táboa, pero os blaugranas aínda contan con golaveraxe xeral a favor, polo que o Muxía aínda necesita doutro tropezo.

Por abaixo, 6 equipos din practicamente adeus á categoría. Contando cos 3 arrastres da 1ª (á expensas do que pase co Volantes), Baíñas, Nantón, Lira, Malpica, Zas e Buño teñen complicadísima a salvación.

O Oza a un paso do ascenso

A xornada da 3ª completábase hoxe con dous choques importantes. O Oza vencía no Carral ao Porteño no que era unha finalísima, e vía como ademais o Laxe caía nunha terrible segunda metade ante o Pereiriña, polo que lle deixan o pasillo aberto para que a semana que vén certifique o ascenso precisamente en Cee.

Mala xornada para o Bergan feminino

Era esperada a derrota do Bergan ante o potente Lóstrego, pero a xornada foi mala polas vitorias do Lugo e Sárdoma, que superan ás de Gueli na táboa.

Dor en Xallas e Cee

Quedaron ás portas das finais da Fase de Ascenso á Liga Galega os Cee Cadete e Xallas Infantil. Duro, moi duro, foi o pau para o Cee de Abraham, que lanzou ata 5 veces aos paus e aínda que pelexaron ata o final non puideron dar a volta ao 0-1 que o Noia levara de renda, inxunta, da ida.
Pola súa banda, o Xallas de Eloy caía por un esaxerado 5-0 ante o Bertamiráns, despois do 3-2 da ida, pero quedan máis que satisfeito pola temporada.

Máis info

Comentarios