Este domingo péchase unha descafeinada D.H. de Veteranos que xa gañou o San Ramón
Estivo marcada a División de Honra de Veteranos este temporada. Varios clubs negáronse a saír a competir co Cances, despois do lamentable tangana do ano pasado na Liga de Peñas. Foron 5 os clubs (San Ramón, At. Carballo, Dumbría, Razo e Buño) que manifestaba a comezo de temporada a súa decisión de non disputar os encontros ante o rival carballés protestando pola falta de medidas dunha Federación Galega de Fútbol que se viu imposibilitada para actuar porque os sucesos non tiveran lugar nunha competición federada.
Con todo isto, a Liga chega este domingo ao seu fin co A.C.D. San Ramón como campión. O cadro larachés ten 5 puntos de vantaxe ao At. Carballo a falta desta xornada. Unha diferencia que se dá por mor das sancións de 3 puntos polos dous partidos nos que non se presentou o cadro carballés ante o Cances, mentres que o da Laracha só faltou na primeira volta.
Unha reunión acontecida mediada a temporada e con presenza da directiva do Cances fixo que varios clubs decidisen si xogar os partidos da segunda volta. O San Ramón decidiu que non tiña por que deixarlle gañar a liga a equipos como San Román ou Zas que non se negaron a xogar co Cances, e avisando ao At. da súa intención de disputar o choque da segunda ante o club carballés. Con todo, O At. Carballo decidiu manter a súa decisión de non xogar os partidos co Cances, e esa diferencia de 6 puntos (3 do partido e outros 3 de sanción) fai que o título desta descafeinada edición da Liga de Veteranos vaia para A Laracha.
Descenso
Descende xa fixo de D.H. A 1ª Div, os Ponteceso, Coristanco e Buño.
Promoción de Ascenso
Ademais, comeza a final da promoción de ascenso á División de Honra, que decidirá quen será o equipo que acompañe a A Piña, o campión, e a Corme.
Apretadísimas as semis, ademais, cun Cabana que superou a Mazaricos por un único gol de Pablo Portomoñe tralo 3-3 da ida. No outro lado, desta volta a lotaría dos penaltis, que tanto favorece aos sénior do Malpica, foi contraria aos Veteranos, e foi o Nantón o que pasou en Pedra Queimada á gran final.
Así, a ida da final do play off de ascenso á D.H. de Veteranos será:
- Nantón - Cabana (12/04 - 11:00).