mércores. 30.04.2025
El tiempo

At. Carballo e Castriz, campións de Veteranos

  • En marcha a fase de ascenso a D.H.
at carballo campions
O At. Carballo suma o seu segundo título en 2 anos
At. Carballo e Castriz, campións de Veteranos

Esta pasada fin de semana At. Carballo e SD Castriz celebraron ao máximo os seus títulos de liga da División de Honra e 1ª División respectivamente.

Os carballeses vencían ao San Román 3-0 na casa, e confirmaba o título con dúas xornadas de marxe (a última e a adiada polo temporal do 26 de xaneiro) tralos últimos tropezos do San Ramón.

Por abaixo, aínda quedan pendentes dúas prazas de descenso. Ademais do pechacancelas Cabana, o Corme teno complicado, pois ten 21 puntos, polos 23 do Mazaricos, tamén en postos de descenso. Cances e Soneira teñen 25 polo que a cousa está aínda aberta.

O Castriz, campión de 1ª

SD Castriz Veteranos campion da 1
O SD Castriz celebrando o título

Volverá o Castriz á D.H. tras conseguir o ascenso dende hai varias xornadas. Pero ademais, un empate na casa na xornada aprazada ante o Sofán valeulle para celebrar o título de campión da 1ª, por diante do SD Oza, que tamén ascende de maneira directa.

Mentres, comezan xa esta finde as semifinais da Fase de Ascenso (ida e volta), da seguinte maneira:

  • Fisterra Vet - SCD Buño (domingo 9:30h en Ara Solis).
  • SD Sofán - SCD Malpica Vet. (domingo 10:00h no Carral).

Máis novas

Comentarios