Ingresado tras recibir varias patadas na cabeza nun partido de Peñas de Carballo

13:32 23/02/25
Esta pasada mañá de sábado, un home tivo que ser ingresado tras unha tangana acontecida no campo do Vinculeiro, en Cances, Carballo. Trátabase dun partido de Peñas (non Federado) entre o propio Cances e o Deportivo Lima, cando un chico era agredido, tirado no chan, acabando insconsciente.
Tivo que ser trasladado en ambulancia con numerosos traumatismos craneais producidos polas patadas na cabeza que recibiría.
A intolerable liorta foi longa e houbo varias persoas feridas, continuando despois do campo ata o aparcamento.