Elena Vázquez, encantada coa “experiencia chulísima” da Selección Española
29 de abril de 2022 (11:08 h.)
Falabamos con ela a semana pasada comprobando a ilusión que tiña por participar na convocatoria da Selección Española sub15. A carballesa pasou 3 días espectaculares nas Rozas, no marco dos adestramentos ca vermella ás ordes de Monste Tomé.
Como valoran dende a Federación estatal, son citas estupendas para aprender en valores e coller experiencia. A “5” da Vermella sentiuse parte do grupo e ao mesmo nivel que as compañeiras, gozou ao máximo do “compañerismo e bo clima de grupo”, desta “experiencia chulísima”, como nos conta a súa nai Inés.
Novas relacionadas
- Futfem: O Cee mantén vivo o soño do ascenso; o Bergan soña e o Cerqueda esperta.
- Elena Vázquez: “O grupo de amigos que teño dende Biberóns no Bergan é o que me mantén aquí”.