Futfem: O Cee mantén vivo o soño do ascenso; o Bergan segue soñando; o Cerqueda esperta

Conmocionado como está o Fútfem costeiro trala convocatoria da carballesa Elena Vázquez coa Selección Española (falabamos con ela a semana pasada), disputábase unha nova e importante xornada. Precisamente o Bergan de Elena vencía en Narón ante o Val e se afianza no 2º posto que pode ser clave para acadar o ascenso á 2ª División Nacional
Máis determinante se cadra aínda era a primeira eliminatoria da Fase de Ascenso á 1ª Galega. O Cee mantén vivo o soño do ascenso tras superar ao Carral, e xa pensa no Cambre (o cadro en www.copadacosta.com. Non tivo tanta efectividade o Cerqueda, que espertou en Mos e xa pensa na Copa, tras un papel máis que digno ao longo da temporada.
1ª División Galega, xornada 5
O Val - Bergantiños (0-2)
- Bergantiños: Andrea, Inés, Yaiza, Tati, Elena, Lorena, Laura Caamaño, Paula, Lara López, Cruz e Zaida. Tamén: Lara Sánchez, Valeria, Bárbara, Carla e Noe.
- Goles: 0-1, m.56: Lara López a centro de Zaida; 0-2, m.73: Noe a pase de Lara López.
Tres 3 partidos levaba disputado o Val contra o Bergan, os únicos nos que non marcara en toda a temporada. E volveu quedar a cero, ante un Bergan que se adaptándose aos campos pequenos. Aguantando ben a primeira metade, e cando as forzas das locais ían decaendo, entraron os refrescos costeiros para darlle máis velocidade ao partido e sentenciar o choque.
Fase de Ascenso á 1ª Galega
Cee - Carral (3-1)
- Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Andrea, Nerea, Lucía Canosa, Saray Duarte, María Lijó, Sharay Caamaño, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Ruth, Laura, Sabela, Antía e Nayara.
- Goles: 1-0, m.3: Uxía; 2-0, m.25: Lucía Canosa; 3-0, m.40: Andrea; 3-1, m.90.
Púxose rápido o partido de cara para o equipo de Rafa cando Uxía se plantaba diante da meta rival tras unha galopada dende o seu campo e abría o marcador . E iso que o Carral xa errara unha boa ocasión tras un erro na saída do balón. Pero o gol deulles tranquilidade ás ceenses, que pouco a pouco foi pisando o acelerador chegando máis e máis á meta rival, aproveitando a maior velocidade de Uxía, Canosa e Martínez. Así chegou o segundo nun slalom de Canosa que se vai de tres rivaus, senta á porteira e marca a porta baleira. Houbo algunha ocasión máis pero faltou acerto para finalizar. A que si acertou Andrea para facer o 3-0 cun tiro desde a frontal da área que fixo imposible a estirada da porteira.
Na segunda metade as costeiras trataron de durmir o partido e non pasar apuros e xa no tempo de desconto recurtou o Carral cun bo tiro desde fóra da área para por o 3-1 definitivo no marcador. Partido serio para pasar de ronda e seguir soñando. Quedan dúas finalísimas para consegur o ascenso.
Mos B- Cerqueda (4-1)
- Cerqueda: Lidia, Lucía Rod., Isa, Nuria Varela, Saskia, Lorena, Eva, Natalia, Raquel, Naroa. Tamén; Nuria Veiga.
- Goles: 1-0, m.15; 2-0, m.32; 3-0, m.71; 4-0, m,78; 4-1, m.90: Isa.
Moito rival para un Cerqueda que tratou de dar a cara en Mos. Foi un partido totalmente dominado polas locais, onde as de Xaviña só puideron defenderse unha e outra vez, iso si o gran traballo defensivo fixo que a diferenza entre os equipos fóra de só 3 goles. Abriu o marcador o Mos B no minuto 15 pero a defensa e logo a porteira, Lidia, que estivo magnífica durante todo o partido freaban as múltiples ocasións no inicio irresistible do equipo local. Foi no minuto 30 cando o Cerqueda tivo a súa mellor ocasión na primeira parte, nun balón parado que sacaron as locais na mesma liña de gol pero a saída rápida á contra fixo que o Mos acabase ampliando a súa vantaxe ata o 2-0 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte o Mos non cedeu no seu empeño de ampliar a vantaxe, e unha e outra vez atacou a portería visitante, dous goles máis ampliarían a súa vantaxe ata o 4-0 pero foi no minuto 90 cando Gabi, á saída dun córner conseguiría o tanto da honra do Cerqueda, que se defendeu e traballou ante todo un candidato ao ascenso de categoría.
Novas relacionadas
- Elena Vázquez: “O grupo de amigos que teño dende Biberóns no Bergan é o que me mantén aquí”.
- Cruz, a pichichi costeira.
- A muller incorpórase ao Fútbol Veteranos.
- Alberto Pose: O #FutFem chegou para quedar.
Crónicas do FUTFEM
- 12-04-22: FUTFEM: Cee e Cerqueda xa teñen rivais para a fase de ascenso.
- 05-04-22: O Cerqueda desperdiciou o seu primeiro matchball para meterse na Fase de Ascenso.
- 29-03-22: O Bergan sofre o segundo tropezo mentres o Cerqueda mantén as súas opcións de meterse na Fase
- 22-03-22: O Bergan caeu no primeiro asalto e o Cee asegura praza na fase de ascenso.
- 15-03-22: Futfem: O Cee venceu o derbi e o Cerqueda arrímase á fase.
- 08-03-22: FutFem: O Cee mantén as aspiracións de ascenso intactas.
- 22-02-22: Futfem: Por fin chegou a primeira vitoria das Miúdas.
- 15-02-22: #FutFem: O Bergan ratifica a súa presencia na fase de ascenso á categoría Nacional.
- 08-02-2022: Futfem: Xornada de empates de diferentes sabores.
- 01-01-2022: Futfem: O Bergan segue imparable; o Cee cae no desconto e Cerqueda e Xallas asinan táboas.
- 25-01-2022: Futfem: O Cerqueda achégase arriba tras vencer a unhas entregadas Miúdas.
- 18-01-22: O derbi quedou en Cee.
- 11-01-22: #Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita.
- #Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita