Unha experiencia que vale unha carreira

Non puido ser. Malia estar escoltados por case 500 afeccionados da Marea Vermella, o SD Sofán caeu na final da primeira edición da historia da SuperCopa Galicia. O cadro carballés caeu por 3-2 ante o Portonovo nunha intensa final, pero o que lles quedará a esta xeración de xogadores será a experiencia de poder xogar nun campo de 1º División e sentirse futbolistas profesionais por un día.
O cadro carballés (da Preferente) accedeu como campión da pasada edición da Copa da Costa, tivo que superar na súa semifinal ao Victoria CF (2-1). Pola súa parte, o Portonovo (equipo de 1ª Galicia) superou ao Ribadeo FC na súa semifinal polo mesmo resultado.
Portonovo - Sofán (3-2)
- Brais (Gardu, min. 46); Iván, Noé, Becerra, Braian, Fita (Luca, min. 69), Fabián (Taibo, min. 88), Bandera (Dani Pena, min. 88), Currás (Montero, min. 79), Martín e Javi Souto..
- Goles: 1-0, m.22: Hugo Soto; 1-1, m.29: Javito; 2-1, m.39: Hugo Soto; 2-2, m.47: Fita; 3-2, m.78: Dani Abalo.
Fermoso e igualado choque viviuse en Balaídos ante preto dun milleiro de espectadores, nun choque moi aberto e intentso. Marcaba primeiro o cadro pontevedrés, pero Javi Souto igualaba a contenda pero aparecía de novo Hugo Soto para facer o 2-1. Non baixou os brazos o equipo de Pablo Torreira que conseguía igualar por medio de Fita antes do descanso.
Saíu con todo a SD, pero era o poprio Soto o que mandaba un balón á madeira. O cansanzo ía facendo mella nos dous equipos e as transicións defensivas xa non eran igual que na primeira, rompéndose o choque, con idas e vidas. Pero marcou o Portonovo, e ao cadro vermello, malia que foi con todo nos últimos 10 minutos, non puido acadar o empate.
A Marea Vermella
Impresionante a marea vermella, con 9 autobuses fletados polo club dende Carballo ata Balaídos. Toda a canteira e ducias de familias completas quixeron acompañar aos seus sénior nesta xornada tan especial, e que tanto club fai.