Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Familia do Fútbol da Costa

Sporting Zas cheo de irmans
Un Sporting Zas cheo de irmáns
A Familia do Fútbol da Costa

Sempre falamos que o Fútbol da Costa e parte da nosa familia, eses familiares que imos a visitar cada domingo, que sufrimos en primeira persoa cando erran e que saltamos de alegría cando logran os obxetivos.

Se a todo eso lle engadimos vivir toda a tempada dentro dun clube, non cabe duda que somos familia, entre adestramentos, partidos e os tan apreciados e necesarios "tercer tempo" pasase máis tempo con esa familia futbolística, que con algún familiar de sangue.

O que nos aporta este deporte en afeccionados e que rara vez pasa en profesionais e ter sagas completas de familia disfrutando, xogando e defendendo unhas mismas cores a vez.

Aconteceu hai un par de fins de semana en Agra da Filgueira co gallo do Monte Louro - Muros. Nas filas locais estaban os irmáns Pablo e Antón Vidal, ademais de Piti, o eterno pichichi agora porteiro, co seu fillo Íker. No bando do Muros, partían dous pares de irmáns: Xandre&Xabi e Saul&Isma.

E mención especial ten este ano o Sporting Zas da Liga da Costa, que actualmente conta con tres grupos de irmans diferentes no mesmo plantel, un total de sete xogadores que habitualmente salen no once inicial.

Os máis recoñecidos na Costa, para ben e para mal, son os xemelgos Mato: Iván ocupando a zona ofensiva e Dani desde a media surtíndolle de balóns para chegar ao gol.

Despois están os tres irmáns Torres López: Kiko encargase da zona central da defensa, Miguel un motor de potencia e calidade no centro do campo e para rematar está Iago, un dianteiro de velocidade e gatillo fácil diante da portería rival.

Os últimos que acompañan tan sorprendente situación son os Martínez López: Maikel é un lateral de longo recorrido e con pulmóns inacabables, e Ángel todo un polivalente na zona defensiva eso sí, o sitio do seu irmán e intransferible.

Actualmente non arrancou moi ben a tempada para o equipo, pero están en familia, están unidos, e xa se sabe que contra unha familia unida e moi difícil vencer, e queda moito por demostrar.

Comentarios