FS: O Fisober masculino cae na casa ante o Alto do Vento
Acollía o pasado sábado as instalacións deportivas do Conco o choque correspondente á quinta xornada de liga na Preferente Futgal masculina. Chegaba o Fisober de facer un bo partido na xornada anterior coma visitante, disposto a conseguir sumar ante un conxunto que a temporada pasada remataba na 3ª posición desta Preferente. Pero os costeiros non puideron sumar e quedan con 3 puntos ao fío dos postos de descenso.
SENIOR MASCULINO, PREFERENTE FUTGAL MASCULINA - XORNADA 5.
- FISOBER FSF - ALTO DO VENTO FS: 2-4.
- FISOBER: David, Carlos, Iván, Vicente, Cuki; tamén xogaron: Brais, Champi, Suso, Juan Emilio, Mario e Javi.
- GOLES: 0-1 min.3 Propia porta, 1-1 min.7 Iván, 1-2 min.13 Brais Aldrey, 1-3 min.14 Álvaro; 1-4 min.27 Óscar, 2-4 min.31 Carlos.
O encontro comezaba con moito ritmo e ocasións para ambos conxuntos, pero como en tódalas xornadas ata o momento, eran os costeiros os que comezaban encaixando, e aínda que eran quen de repoñerse pronto e igualar o marcador, nun minuto de desconexión a pouco de chegar ó descanso, os santiagueses doblaban vantaxe no marcador en menos de un minuto, un verdadeiro xarro de auga fría para o Fisober, que ademáis perdía ó seu capitán Javi por lesión nun nocello nesta primeira metade.
Tralo paso por vestiarios voltaban a conectarse ó partido e ter ocasións, aínda que o rival tamén apretaba e conseguía poñer máis terra de por medio, o Fisober trataba de recurtar diferencias no marcador. Finalmente, as oportunidades non entraron e a pesar do bo facer de Brais na portería local para manter ós seus no partido, súmase unha nova derrota aínda que acompañada de moitos momentos de competir mentres as pezas seguen encaixando nos locais.
A vindeira xornada os costeiros viaxarán ata Vilalba para medirse a un filial moi poderoso na súa pista.