Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Futsal: O Fisober masculino tropeza na casa

Fisober Masculino no Conco 2
Fisober Masculino no Conco 2
Futsal: O Fisober masculino tropeza na casa

Comezamos este curso facer seguemento do equipo sénior masculino do Fisober. E facémolo nesta á terceira xornada da Preferente Futgal masculina, que se disputaba na mañá de domingo nas Instalacións Municipais O Conco, en Dumbría. O Fisober chegaba con 2 puntos de vantaxe sobre o seu rival, que aínda non coñecía a vitoria nas dúas primeiras xornadas disputadas de liga, pero sorprendía aos

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA - XORNADA 3

  • Resultado: FISOBER FSF - TROULA BETANZOS FS (2-6).
  • FISOBER: David, Carlos, Juan Emilio, Pablo, Vicente; tamén xogaron: Brais, Iván, Mario, Adrián, Suso, Javi, Iago.
  • Goles: 0-1 min.4 Daniel, 0-2 min.12 Daniel, 0-3 min.16 Lorenzo; 0-4 min.21 Daniel, 1-4 min.24 Carlos, 2-4 min.28 Carlos, 2-5 min.36 Alboury, 2-6 min.37 Simón.

Fisober Masculino no Conco

Dende o inicio do encontro os costeiros estiveron incómodos sobre a pista, máis cando o rival se adiantaba ó pouco de comezar, mostrándose sempre moito máis intensos no xogo. A medida que pasaban os minutos, as sensacións non cambiaban e tan só as paradas de David e algún arreón dos costeiros mantiñan o partido, ata que a menos de 10 minutos para o descanso, dúas boas xogadas do Troula aumentaban a distancia no marcador.

Logo do paso por vestiarios, a pesar dunha lixeira melloría nos locais, chegaba o 4º gol visitante tras unha xogada de estratexia. Comezaron aquí os mellores minutos do Fisober, que por fin parecía espertar e semellaba agarrarse ó partido, entre as intervencións de Brais e os tiros de lonxe de Carlos ou Iván, que metían ós seus no partido. A reacción foi boa, recurtando distancias por partida dobre, fallando un penalti, e mesmo vendo como un gol que significaría o 3-4 non subía ó marcador ao no aplicar un dos colexiados a lei da vantaxe.

Co equipo empurrando en ataque, sen demasiado fútbol sala pero con moita coraxe, as ocasións non entraron e rematou impoñendose a lóxica tralo visto na maioría de minutos de partido, cos betacenses rematando o partido con dous goles case consecutivos para poñer o definitivo 2-6.

A vindeira xornada os dumbrieses viaxan ata A Coruña para visitar ó Hércules FS.

Máis novas do Futsal

Comentarios