mércores. 30.04.2025
El tiempo

A alegría volve ás categorías de base do Fisober

Alevin Feminino do Fisober
Alevín Feminino do Fisober este doming na estrea do Conco
A alegría volve ás categorías de base do Fisober

Tras ver como está a sufrir neste comezo de temporada o cadro feminino, as mellores novas chegan dende a base (por fin se estreaban este domingo) porque o Masculino tampouco acaba de arrincar.

Desprázabase ata a Coruña para disputar a 4 xornada ante o Hércules e voltaba sen premio a pesar de estar metido no partido ata o pitido final.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA - XORNADA 4

  • Resultado: HÉRCULES FS - FISOBER FSF (5-4)
  • FISOBER: David, Carlos, Iván, Pablo, Javi; tamén xogaron: Brais, Champi, Suso, Vicente, Juan Emilio, Adri, Iago.
  • GOLES: 1-0 min.1 Óscar, 2-0 min.5 Darío, 2-1 min.5 Adri, 2-2 min.18 Pablo; 3-2 min. 23 Alejandro, 4-2 min.26 Francisco Javier, 4-3 min.27 Iván, 5-3 min.29 Sergio, 5-4 min.32 Pablo.

Fisober masculino na Coruña

Comezaba o Fisober, por cuarta xornada consecutiva, por detrás no marcador moi pronto, cando tan só ían 12 segundos disputados, e está sendo este o gran lastre do inicio de temporada, comezar encaixando primeiro. O partido era demasiado tolo, cun conxunto costeiro que intentaba mandar a través da posesión, e cun equipo herculino moi batallador e perigoso en tódalas súas contras. Logo de doblar vantaxe os locais, os visitantes eran quen de recurtar distancias e mesmo empatar antes do descanso, nos que foron os seus mellores minutos.

O paso por vestiarios parecía sentar ben no Fisober, que seguía dominando, pero dúas novas contras do Hércules facían que doblasen vantaxe no marcador, e a pesar de recurtar diferencias pronto, tanto remar a contracorrente non deixaba asentarse no partido ós visitantes, que en ningún momento remataron de estar cómodos ante un conxunto moi intenso que sumiría no seu desorden ós costeiros en case todo momento, ata finalizar o partido co 5-4 definitivo.

A vindeira xornada visitará Dumbría o Alto do Vento FS, que tamén chega cun inicio de temporada difícil para eles a pesar de ser un conxunto chamado a estar nos postos altos.

Outras categorias

Fin de semana de partidos coma locais nas ID O Conco de Dumbría para as nosas categorías inferiores femininas, que se estreaban nunha tarde que agardaban con ledicia tanto elas coma todo o público presente no pavillón.

As Alevíns vencían 9-1 cos tantos de Zoe (3), Martina Fernández (2), Martina Lago (2), Icía e Noa. Pola súa parte, as Infantís caía 1-5.

A vindeira xornada a Fisober visita Ferrol para xogar ante A Fervenza FSF - Narón O Freixo FS por partida dobre, tanto alevíns coma infantís.

Máis crónicas do Fisober Masc

Máis crónicas do FSF

Outras novas sobre o FUTFEM

Comentarios