FSF: O Fisober retoma o pulso da temporada

Un histórico clube galego coma o Cidade das Burgas, chegaba a Dumbría, con nomes míticos deste deporte en Galicia coma Manolo Codeso ó mando e Sonia Pacios na pista. Pero a necesidade, máis a nivel de confianza que de clasificación, fixo que o Fisober dera o mellor de si, e acadase unha vitoria
SENIOR FEMININO, PREFERENTE FUTGAL FEMININA - XORNADA 5
- Resultado: FISOBER FSF - CIDADE DE AS BURGAS FS (4-2)
- FISOBER: Sharay, Patri, Ana, Nuri, Paula; tamén xogaron: María, Alba, Nai, Saray Duarte, Andrea.
- GOLES: 1-0 min.1 Patri, 2-0 min.7 Paula, 3-0 min.8 Andrea; 3-1 min. 28 Dunia, 3-2 min.35 Karem, 4-2 min.37 Saray Duarte.

Non podían comezar mellor as cousas pois a primeira chegada era gol das costeiras. Co resultado a favor o xogo fluía e foi posiblemente a mellor primeira metade do equipo, gracias a que se chegou con 3 goles de vantaxe ó descanso.
Á volta de vestiarios, quizais por relaxación local tamén por necesidade visitante, igualouse máis o xogo e as ourensás recurtaron vantaxe ata a mínima, momento no que o Fisober a base de saber sufrir desperdiciou algunha ocasión para sentenciar, ata que o facía a falta de 3 minutos para o final co 4-2 definitivo.
A vindeira xornada o Fisober viaxará ata Begonte.
Máis crónicas do FSF
- X.4: O Fisober non arrinca.
- X.3: Novo susto para o Fisober.
- X.2: O Fisober déixase 2 puntos en Vigo.
- X.1: O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional