FUTFEM: Así quedan as semis da Copa da Costa
Aproveitouse este xoves 1 de maio para disputarse os Cuartos de Final da V Copa da Costa Feminina, polo que temos xa semifinalistas desta fermosa competición.
Catro partidos, nos que a única eliminatoria clara foi a vitoria contundente do Dumbría ás Miúdas, nun partido que se dedidía con 3 tantos das dumbriesas en apenas 5 minutos do ecuador da primeira metade. Eva Lema, con 3 tantos, Kelly, Claudia e Yoli foron as autores dos goles para as de Santi Lira, que terán que visitar o Pinguel nas semis.
Porque o Ponteceso venceu nos penaltis ao Camariñas, na eliminatoria máis igualada das 4. A capi Paula Mouzo adiantaba ás de Cabrejo ao final da primeira metade, pero ao comezo da segunda empataba Myre para as de Curro. Decidiuse na lotaría dos penaltis, sendo chave a porteira pondaliana María, que fixo un paradón no cuarto penalti, e forzando o fallo no quinto de Laura Pose. O decisivo meteuno Eva Lago para colar ás pontecesás nas semis.
Polo outro lado do cadro, o Muxía superou ao Corcubión non sen complicacións. Patri Romaní e Barca volveron ser claves para as de Isma Pose. A primeira adiantou ás corviñas, pero María Castro empataba o choque. Foi Barca a que meteu de novo por diante ás muxiáns por diante antes do descanso, e Andrea Piroja a que ampliou a vantaxe. Aínda recurtou María Castro, antes que de Barca e Patri sentenciasen nos últimos 10 minutos.
As muxiás enfrontaranse a todo un UC Cee, que despois de eliminar ao probable campión da 2ª Div., o Xallas, en Oitavos, fixo o propio co máis que seguro campión da 3ª Div., o Corme. Foi un choque tremendamente intenso, no que se adiantaban as cormeláns cun penalti que transformaba Carla. A falta de 10 para o descanso Saray Duarte empataba para as ceenses, que na segunda lle daban a volta ao marcador cos tantos de Caamaño no 58, e de Nerea no 81.