Copa da Costa FEM: O Cee deixa fóra ao Xallas

Avanza a V Copa da Costa Feminina, que nesta ponte de Semana Santa viviu a rolda de Oitavos de Final. Uns Oitavos que deixan fóra ás actuais campionas, o Xallas. Nun choque xa dispiutado o pasado mércores, o Cee eliminou ás actuais líderes da 2ª Div. Fem, inmersas na loita polo ascenso directo.
Polo demais, poucas sorpresas, con varias eliminatorias claras, e duas tremendamente igualadas. O Ponteceso venceu pola mínima ao Cabana nas Redondas, e o Camariñas tivo que agardar aos penaltis para eliminar a un gran Zas.
Queda fermoso o cadro, cun Cee-Corme que vai ser máis que interesante.
Xallas - Cee (0-1)
- Gol: 0-1, m.42: Nerea.
Partido disputado o pasado mércores, cun Xallas que saía moi dominador, pero sen poder traspasar as liñas defensivas dun serio Cee. Facal entraba por banda, e Espasandín probaba dende lonxe pero Noemi estaba moi firme. Nunha das contras que dispuxo o Cee permitiu a Nerea bater a Rosio no man a man.
O Xallas saíu máis forte na segunda, empurrando ao Cee á súa área, e lideradas por Mery, tiveron boas ocasións de Noe, que mandou ao longueiro, ou Barcia, que entrou ata liña de fondo. Puido sentenciar o Cee nunha contra pero acabou sufrindo unha serie de 6 córners seguidos antes do pitido final.
Soneira - Corme (0-4)
- Goles: 0-1, m.30: Saskia; 0-2, m.80: Saskia; 0-3, m.81: Ana; 0-4, m.84: Naroia.
Competiu moi ben este novo Soneira ante o líder intratable da Liga da Costa. Pero a Copa é outra competición. Marcou á media hora Saskia, pero o Corme non era o equipo que adoita, e estivo incómodo en todo momento. Na segunda aguantou tamén máis de media hora o cadro soneirán metidas na eliminatoria, pero dous goles consecutivos de Saskia e Ana deixaron o pase listo.
Muxía - Outes (8-4)
- Goles: 1-0, m.4: Barca; 2-0, m.9: Patri Romaní; 2-1, m.25: Raquel; 3-1, m.33: Patri Romaní; 4-1, m.40: Elsy; 5-1, m.53: Barca; 6-1, m.62: Barca; 6-2, m.62: Cris; 7-2, m.77: Paula; 7-3, m.81: Claudia; 8-4, m.83: Laura Lires.
Competiu moi ben o Outes ante o Muxía, sorprendendo ao Muxía que leva un ano sen comprobar a súa melloría con respecto ao ano pasado. Así e todo, as muxiás saíron con toda a artillería, e Barca e Patri xa avisaban marcando dous tantos en menos de 10 minutos. Reaccionaron as da Serra que recurtaron pero pasada a media hora entroulles un baixón físico e o Muxía sentenciaría con dous tantos antes do descanso, e con 3 nada máis saír.
Fisterra - Corcubión (0-4)
- Goles: 0-1, m.37: Sandra; 0-2, m.66: Andrea Romero; 0-3, m.68: María Castro; 0-4, m.89: Serena.
Venceu o Corcubión en Ara Solis no choque adiantado ao xoves santo. Foron superiores as corcubionesas pero o Fisterra segue demostrando que sabe sufrir.
Mazaricos - Dumbría (1-3)
- Goles: 1-0, m.36: Graci; 1-1, m.42: Eva Lema; 1-2, m.64: Claudia; 1-3, m.68: Eva Lema.
Dura primeira metade a vivida na Picota, cun cadro local moi intenso, superando en todas as facetas ás dumbriesas, que non conseguían combinar nin gañar un duelo. Un tiro dende lonxe de Graci permitíalle facer xustiza ás amarelas, pero reaccionaba a tempo o Dumbría e volvía aparecer Eva Lema, coa súa potencia e fame, empataba.
Cambiaron as tornas na segunda, cun cadro visitante máis entonado co balón e máis intenso. Pero o Mazaricos aguantaba ben ata que nunha acción Claudia aproveitaba un pase atrás para marcar. Sen tempo a reaccionar, Eva volvía marcar tras un córner botado por Kelly, tanto que obrigou ao Mazaricos a romper o partido, envorcándose arriba, e permtitindo que houbese varias ocasións nas dúas áreas, pero sen acerto. Unha das mellores novas para o Dumbría foi a volta de Adriana despois dun ano parada por culpa dunha rotura do ligamento cruzado.
Cabana - Ponteceso (0-1)
- Cabana: Miriam, Antia Pazos (Natalie),Sheila, Laura, Irene, Inma, Alejandra, Iria, Saray (Alison), María, Adriana.
- Ponteceso: María, Berdeal (Karen), Myre, Ainhoa, Silvia, Saray, Lago, Oanes, Muíño, Claudia, Andrea (Eva Carril).
- Gol: 0-1, m.60: Andrea.

Partido típico de copa con moita entrega por parte dos dous equipos. O Ponteceso dominaba algo máis o balón, pero foi o Cabana o primeiro en rondar a meta de María que vía como un remate de Adriana petaba no longueiro. Tomou boa nota o Ponteceso e rondou a meta de Miriam con boas ocasións por medio de Claudia, Eva Lago e Andrea que paraba a cancerbeira cabanesa.
Xa no segundo tempo o Ponteceso saiu máis enchufado e topou cos paus ata en dúas ocasións. Sería Andrea quen poñeria o 0-1 á saída dun córner tras un erro das cabanesas. As locais tentaron buscar o empate e terian a ocasión máis clara nos pés de Laura que mandou fora un lanzamento de penalti. Seguiu peleando o Cabana pero o bo facer do Ponteceso non lle dou moitas opcións
As Miúdas - Cerqueda (3-0)
- Goles: 1-0, m.18: Marta Verá; 2-0, m.32: Paty de penalti; 3-0, m.40: María.
Bo partido das muradáns que souberon impoñer o seu ritmo ás novas xogadoras do Cerqueda.
Zas - Camariñas (3-3)*
- Goles: 0-1, m.3: Yara; 0-2, m.28: Yara; 1-2, m.42: Nuria; 1-3, m.44: en propia; 2-3, m.50: Nuria; 3-3, m.60: Lara.
Partidazo en San Andrés con dúas partes diferenciadas. O Camariñas saía moi forte, cunha Yara espléndida e aproveitando que as locais non saían moi intensas. Colocábanse as de Cabrejo 0-2 cos tantos de Yara, pero antes do descanso, recurtaban distancias as zaseiras, se ben no último minuto da primeira un gol en propia permitíalle marchar cunha distancia de 1-3 ás palilleiras.
Unha segunda parte espectacular, facendo que a afección zaseira se divertise, permitiulle ao Zas empatar o partido, e mesmo ter algunha ocasión para decantar a eliminatoria. Pero o choque marchouse aos penaltis, sendo necesario botar ata 8 penas máximas. As porteiras foron protagonistas e se Noe Touriñán parou 3 polas zaseiras, Desireé parou 4, marcando o penalti decisivo para o pase do Camariñas Alba.
Máis novas do álbum
- Os puntos de venda do álbum #Futfemdacosta
- Presentación en Dumbría: “Pero vós sabedes o importante é ter un cromo?”.
- Presentación en Muros: As xogadoras do sur da Costa xa teñen o seu álbum de cromos.
- Presentación en Buño: “Vós sodes as referentes”.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 15-04-2025: O Xallas ratifica o ascenso a costa do Dumbría.
- 08-04-2025: O Xallas raticou o seu ascenso directo e busca o título.
- 02-04-2025: O Xallas volve alzarse ao liderato.
- 25-03-2025: A crónica previa ao álbum.
- 18-03-2025: Nova xornada á espera do álbum.
- 11-03-2025: O Bergan B consegue quitarlle os primeiros puntos ao Corme mentres o Xallas cede o liderato na 2ª.
- 05-03-2025: O Cabana suma por Entroido.
- 25-02-25: O Xallas, a 4 vitorias do ascenso.
- 18-02-2025: 7 equipos implicados na loita pola promoción na Liga da Costa.
- 11-02-2025: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee.
- 04-02-25: Esteirana perdeu unha final adiantada.
- 26-01-25: Ponse líder o Xallas, único equipo sénior que xogou, e gañou, nesta finde de temporais .
- 14-01-25: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada.
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.