Os puntos de venda do álbum #Futfemdacosta

Xa están os sobres de cromos pola comarca adiante. E temos que agradecer a colaboración dos clubs, pois a maioría está apoiando a iniciativa e acollendo a venda dos cromos.
Tamén agradecemos a puntos de venda como o Kiosco Rosalía de Corcubión, a Libraría A Nasa de Cabana, Caprichos Camariñas, o Kiosco Kino de Esteiro, o Kiosco Alameda de Cee, o Estanco Goya de Muros, o Quiosco Vicnete de Outes, Calzados Peteyra de Mazaricos, Papelería Vidú de Corme, Doce e Mecos de Malpica, Papelería La Repro de Santa Comba, o Bar London e Descuento Loco de Vimianzo. ou Golosinas e Loterías Franchés de Muxía.
En todos eses podedes facervos coa colección para completar e optar ao sorteo de unha noite no Faro de Lariño.
As crónicas
Xa podedes ver todas as imaxes das presentacións do álbum de cromos do #FutfemdaCosta, e tamén podedes ler as crónicas das 3 citas:
- Presentación en Dumbría: “Pero vós sabedes o importante é ter un cromo?”.
- Presentación en Muros: As xogadoras do sur da Costa xa teñen o seu álbum de cromos.
- Presentación en Buño: “Vós sodes as referentes”.