FUTFEM: Comezando o curso mirando cara arriba

O UD Corcubión celebrando unha nova vitoria

Comezou o 2023, e o fixo con variedade de resultados para as nosas.
Polo Norte, a gran nova foi a primeira vitoria do Cerqueda, que deixa o seu posto de pechacancelas ao Curtis e mira xa a clasificación para intentar superar ao Crendes. Ademais, vitoria do Corme, e derrota do Ponteceso, ambos na zona morna.

Polo Sur, as vitorias do Calo e o Cee os manteñen no trío de cabeza, a só 1 e 3 puntos do líder, o Calo, que empataba con outro dos candidatos, o Cacheiras. Volvía gañar tamén o Dumbría (facíao no derbi da xornada ante o Mazaricos, que queda a só 8 puntos do alto da táboa, aínda con aspiracións a todo.
Ademais, as Miúdas sumaban un puntiño ante o Victoria C.

Mentres, na Liga de F7, o Corcubión recuperaba un choque aprazado no seu día e sumaba 3 puntos para manterse no liderato do Gr. A da Coruña.

2ª División, Gr.2, xornada 11

Cerqueda - Curtis (2-1)

  • Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Lucía Rod., Uxía, Isabel, Mariña, Inés, Pauliña, Irene, Tati e Raquel. Tamén: Mónica, Sonia, Vanesa, Carla Fondo e Carla Varela.
  • Goles: 1-0, m.3: Inés; 2-0, m.41: Pauliña; 2-1, m.80.

Púxose de cara o choque de pechacancelas para o cadro malpicán, co tanto de Inés. Tras unha primeira metade igualada Pauliña facía o segundo ao fío do descanso. Apretou o Curtis no treito final, recurtando distancias pero as cerquedás, onte dirixidas polo novo presidente do club Dani Reixía, pero pendentes de posibles cambios, aguantaron ata o final.

Órdenes - Corme (2-4)

  • Corme: Carmen; Lucia (Ana), Irene (Laura), Aroa, Vero; Olalla, Ana, Carla, Nati (María), Cris, e Naroa.
  • Goles: 0-1, m.8: Ana; 0-2, m.18: Naroa; 1-2, m.33; 1-3, m.51: Naroa; 1-4, m.88: Aroa; 2-4, m.90.

Partido de dous equipos da "misma liga" na que levou o peso do partido o equipo de Rubén Souto poñéndose 0-2 e tendo varias ocasioós claras para poder sentenciar o partido na primeira parte. Pero non as concretaron e foi o Órdenes quen si metiu a que tuvo para poñer o 1-2 e meterse de cheo no choque.

Na segunda parte volverían a dominar as azulonas e metería Naroa o 1-3 para darlle tranquilidade ao partido. Xa no final do encontro chegaría o gol de Aroa para poñer o 1-4, e xusto antes do pitido final, un tiro lonxano das locais poría o 2-4 final.

Ponteceso - Pastoriza (1-3)

  • Ponteceso: María Lema; Laura Ramos, Andrea Varela, Eva, Andrea Rod., Myrella, Sabrina, Miriam, Noelia, Laura e Silvia. Tamén: Noelia, Lucía Vila, Saray, Laura Amado e Lara.
  • Goles: 0-1, m.50; 0-2, m.57; 0-3, m.66: de penalti; 1-3, m.86: Eva Carril de penalti.
A capitana do Ponteceso Eva Carril con Vitor Recarei e a capitana visitante

Visitaba o Pinguel o segundo clasificado, que comezaba marcando un ritmo alto e dominando o control do balón. As de Curro se mantiñan firmes en defensa, e buscaron algunha contra como unha de Lauriña que disparou algo frouxo. Non chegaban as visitantes, e só o fixeron ao fío do descanso cun centro que non atopou rematadora.

Pero meteu unha marcha máis o Pastoriza na segunda. Pronto, tras unha xogada de rexeites, metíase por diante, e pouco despois, noutra xogada desafortunada aproveitaría o carro visitante para poñer o 0 a 2. Subiu liñas o cadro local, e tería o 1-2 nun penalti por unhas mans na áre , pero no que a porteira Uxía lle adivinaría o disparo a killer pontecesá Andrea. E do que puido ser o 1-2, converteuse no 0 a 3 tras un dubidoso penalti na área local. Non desistiron as locais que chegaron á área rival para recurtar, nun novo penalti, desta volta da man da capi Eva.

 

2ª División, Gr.4, xornada 11

Cee - Praíña (2-1)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Alba, Nerea, Saray Duarte, María Lijó, Sharay Caamaño, Nayara, Lucía Martínez e Laura Blanco. Tamén: Sabela Abel, Sabela Corbelle e Andrea.
  • Goles: 0-1, m.14; 1-1, m.62: Lucía Rod.; 2-1, m.67: María Lijó.

Mal tempo no Sampaio de Refoxos que provocaron que as ceenses, curtas de xogadoras e con rapazas do promesas (que o fixeron fenomenal), sufrise moito. Non entraron ben e as visitantes se metían por diante. As ceenses non conseguían combinar nin chegar arriba con claridade, e marcharon desanimadas ao descanso.

Parou a chuvia e o segundo tempo foi outro conto. Comezaron a dominar as de Rafa, mandando en todo. Tras un córner Lucía Rod. empataba e así o equipo xa se envorcou con todo contra a área rival tendo unha marea de ocasións. Foi María Lijó, unha das internacionais da Costa a que facía o segundo. Houbo algún susto pero as costeiras aguantaron e sumaron a súa 6ª xornada sen perder.

Dumbría - Mazaricos (8-0)

O Dumbría estreaba equipación
  • Dumbría: Lía, Carril, Sabela, Yaiza, Mai, Fandi, Eva, Claudia, Kelly, Ainoa e María das Carisas. Tamén xogaron: Lissette, Yoli, Lucía, Sara e Noa.
  • Mazaricos: Valeria Peta, Claudia, Silvia, Fátima, Antía, Tamara, Buján, Lúa, Natasha, Ánxela e Jirra. Tamén xogaron: María Antelo, Saray, Katia, Valeria Romay.
  • Goles: María das Carisas (4), Fandi (2) e Ainoa (2).

Clara vitoria deste entonado Dumbría ante un Mazaricos cheo de baixas que chegaba mesmo con Valeria Peta (xogadora de campo) de porteira. Dominaron as de Fran Figueroa dende o primeiro minuto, moi seguro en todas as liñas do campo e creando perigo constante. O resultado ao descanso foi de 5-0, pero numerosas ocasións salvadas por Valeria.

As Miúdas - Victoria C (1-1)

  • As Miúdas: Adriana, Elba, Marta, Ximena, Laura, Sofía, María, Paula, Pati e Bárbara. Tamén xogaron: Uxia, Clara, Leti, Saray e Ana.
  • Goles: 1-0, m.20: Pati; 1-1, m.45: en propia.

Bo partido dun lesionado nun adestramento co Monte Louro Lucho. As muradáns fixeron un choque moi completo, do mellor do ano, ante un equipo moi ben traballado que as meteu en apuros. Empezaba o choque con moito respecto, pero eran as locais as que abrían o marcador por medio da capi Pati tras unha xogada combinada global, no que foi o mellor gol das muradáns en toda a temporada. Pero antes do descanso no despexe dun corner unha defensa local facía gol en propia.

A segunda parte, os primeiros 15 dominaron as visitantes tendo que aparecer Adriana con dous paradóns. Pero pouco a pouco as muradáns se viñeron arriba e dispuxeron de numerosas ocasións que non conseguiron materializar.

Xallas - Rois (6-0)

  • Xallas: Rosio; Laura, Rita, Alicia, Saskia; María, Luchy, Andrea Barbeira; Paula Barcia, Inés e Yasmina. Tamén xogaron: Maite, Nuria, Andrea Otero, Yaiza e Claudia Facal.
  • Goles: 1-0, m.2: Yasmina; 2-0, m.17: Paula Barcia; 3-0 m.35: Yasmina; 4-0, m.63: Yasmina; 5-0, m.73: Yasmina; 6-0, m.88: Yaiza.

Un Xallas que comezou moi forte e se adiantou nos primeiros minutos do encontro, o que fixo máis doado o choque. Yasmina abriu o marcador despois dunha gran xogada colectiva recibindo o esférico de María. Dominio total ante un cadro visitante que apenas facía algo de dano a balón parado, pero a gran protagonista foi Yasmina. A dianteira da Selección da Costa fixo un póker de goles.

 

Liga F7, Coruña, Gr.A, xornada 7

Silva B - Corcubión (1-6)

  • Corcubión: Elena, Marta Lavandeira, Claudia, Vivi, Cristina, Marta Santiago, Carla Lema. Suplentes: Elisa Lema, Andrea, Adriana, Alexandra Lojo, Ana, Maruxa e María Castro.
  • Goles: María Castro (3), Alexandra, Marta Santiago e Andrea.

O UD Feminino vén de ter a súa primeira vitoria do ano, pois o pasado sábado 7 de xaneiro disputábase na Torre un partido que fora aplazado en decembro contra o Silva SD B. Nuns campos da Torre nos que a chuvia e o vento fan o fútbol practicamente imposible, as corcubionesas, que acudiron ao partido sen dúas das goleadoras do equipo, o deron todo. Así e todo, ás visitantes solventaron todos os inconvintes e loitaron ata o final.
Destacar, ademais, a volta ao campo de Alexandra Lojo e de María Castro, quen ademais tamén se estreaba marcando un hat trick. Tamén se estrearon como goleadoras Marta Santiago e Andrea Rodríguez, cun gol cada unha. Estes cinco goles e un gol de Ana Sierra daban esta importante vitoria que permite que o UD Corcubión continúe no alto da táboa.

 

A TRIBUNA FUTFEM

MÁIS CRÓNICAS DO #FUTFEM

TÁBOA DO GR.2 DA 2 DIV.- FEM

TÁBOA DO GR.4 DA 2 DIV.- FEM