Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os Calendarios da 2ª Galega FUTFEM: Os equipos da Costa quedan fragmentados

calendario futfem g2
Este é o Gr.2 da 2ª Div. Feminina que xa podedes ver en www.futboldacosta.com
Os Calendarios da 2ª Galega FUTFEM: Os equipos da Costa quedan fragmentados

Co Bergan xa en competición na 1ª Galega, e o UD Corcubión esperando para comezar a Liga de F7 da Coruña, acaban os calendarios da 2ª División Feminina. Unha categoría na que participan este ano 7 equipos costeiros, que quedan, iso si, separados entre o grupo da Coruña e o de Santiago-Costa.

Esta é a disposición na que quedan os nosos equipos:

  • Ponteceso, Cerqueda e Corme competirán no Gr.2, con equipos como o Pastoriza, o Abellá ou Carral.
  • Dumbría, Cee, Mazaricos, Xallas e As Miúdas no Gr.4, cos equipos de Santiago.

calendario futbol da costa feminina g4

Unha mágoa para os que queríamos ver aos nosos equipos nunha mesma liga chea de derbis, pero en realidade hai unha satisfacción xeralizada entre os equipos. Se ben o Ponteceso prefería xogar na Costa, Corme e Cerqueda amósanse satisfeitos cos grupos. O Corme posicionouse como comodín para cadrar os grupos, e o Cerqueda tampouco tiña claro se preferían desprazamentos máis curtos ou disfrutar de fermosos partidos coas Miúdas ou Cee como os do ano pasado.

A Liga comeza o 2 de outuro, e fanno cun fermoso Mazaricos-Xallas.

FORMATO

Debido a que na temporada 23-24 se vai crear unha nova categoría, a 3ª Div. Galega, o formato de competición é algo diferente. As 5 primeiras, e as 2 melloras 6ª dos 6 grupos, irán á Fase de Ascenso á 1ª; do 7º ao 11º posto, as 4 peores 6ª e máis as 2 mellores 12ª, á fase para permanecer na 2ª; e as dúas últimas de cada grupo e as 4 peores 12ª descenderán directamente á 3ª.

2 Div Futfem Galicia 22-23Formato FUTFEm 22-23

Fútbol Base

Ademais, na Liga Galega Infantil sairá a competir o UC Cee, mentres que na Liga Galega Promesas estarán Cee, Dumbría e Cerqueda,

Comentarios