Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FUTFEM: Terrible fase para as nosas na que só as Miúdas salvan a categoría

Dumbria co Xuv Aguino-Foto-Vety Dumbria
Imaxe do choque entre Dumbía e o Xuv Aguiño-Foto-Vet. Dumbría
FUTFEM: Terrible fase para as nosas na que só as Miúdas salvan a categoría

Terrible a mal chamada Fase de Ascenso Condicionada da 2ª Div. Feminina para os nosos equipos. Ademais do xa confirmado descenso de Mazaricos e Cerqueda, outros 3 equipos (Ponteceso, Corme e Dumbría) competirán o ano que vén na 3ª Div. Galega, sendo só os Cee, o Xallas e As Miúdas, os que partan de inicio na 2ª.

Galicia Caranza - As Miúdas (0-0)

11 das Miudas que salvan a categoria

  • As Miúdas: Adriana, Elba, Alba, Ana Romero, Carla, Paula, Marta Verán, Clara, Paty e Bárbara. Tamén: Uxía, Marina e Naiara.

As de Lucho deixaron vivas á ferrolás na casa, pero o 1-0 a favor deixaba medio traballo feito. Chegaba con moitas baixas (e moitas rapazas novas novas), e moitos nervios, pero empezaron ben as muradáns, con minutos de cara a cara. A partir do ecuador do primeiro tempo as ferrolás foron achegándose á meta dunha Adriana que salvou ás súas.

Mesmo guión na segunda, con primeiros minutos de igualdade, pero a partir do min.65 as locais apretaron, volvendo aparecer a porteiraza Adriana para salvar ao equipodo descenso . Si que se recuperou o equipo que a partir do m.80 estirouse, tendo mesmo ata unha ocasión ao longueiro e sen sufrir demasiado no treiro final.

Dumbría - Xuv. Aguiño (2-6)

  • Dumbría: Lía, Noa, Paula, Eva, Martina, María das Carisas, Marúa, Kelly, Fandi, Claudia e Sabela. Tamén: Naira, Sara, Yolanda e Icía.
Tralo 5-4 da ida a prol das da Barbanza, estaba todo aberto para a volta no Conco, na que as costeiras estiveron, coma sempre, moi ben arroupadas pola súa afección. Empezaron ben as de Fran Figueroa, con varias ocasións de gol, e mesmo adiantándose por medio de María das Carisas.

Pasaban os minutos pero á media hora as visitantes empataban cun tanto case sen querer cun despexe dende moi lonxe.

Arrincaba a segunda metade, e as visitantes metíanse por diante. E aí puideron os nervios cas dumbriesas, que perdían ademais a Kelly cun cartón vermello, quedando aínda media hora por diante nas que as visitantes foron moi superiores conseguiron 4 tantos en apenas 20 minutos.

É o caso máis duro o das dumbriesas, que despois de rematar a Liga nunha fantástica 5ª posición, clasificándose mesmo para a Fase de Ascenso, acaba perdendo a categoría.

Corme - At. Milagrosa (1-3)

11 do Corme feminino-Foto-Fin Lema
11 do Corme feminino-Foto-Fin Lema
  • Corme: Belén; Lucía, Laura (Aurora), Aroa, María; Cris, Carla, Irene, Natalia, Ana e Naroa. Tamen: Carmen, Candela, Salomé e Ana.

O 2-1 da ida a favor das lucenses facía complicada a clasificación, pero as de Rubén Souto confiaban na fortaleza do Cairo. Pero en ningún momento da eliminatoria foron capaces de facerse co dominio do xogo, e a férrea defensa das visitantes, así como a efectividade, foi demasiado para as cormelás.

”Duro golpe para un vestuario que sin duda merecía moito máis”, recoñece Rubén, neste final de temporada para as cormelás.

 

Puentearnelas -Ponteceso (4-0)

11 do Ponteceso feminino

  • Ponteceso: Colores, Lucía Vila, Manti, Eva, Myrella, Ainhoa, Noelia, Sabela, Laura Rod., Virgi e Berdeal. Tamén: Mirian e Laura.

Estaba practicamente todo o peixe vendido tralo 1-6 da ida pero as pontecesáns descenden coa cabeza ben alta. Cun equipo moi cambiado, e moita calor en Vilanova de Arousa, as de Curro arrincaban moi ben asentadas, sen sufrir e mesmo tendo un par de ocasións en varias contras levadas por medio de Berdeal, Vir e Lucivili na que tanto a defensa local como a porteira estarían moi atinadas.
Só a balón parado facía dano o cadro local pero Colores estivo moi segura.

Na segunda, Laura R. , Eva e Berdeal estaban facendo un auténtico partidazo na media, pero as lesións provocaron un baixón físico nas pontecesáns e as locais non perdoarían.

Ponteceso feminino despiden a temporada
Así de contentas despiden a temporada as pontecesás

Copa

Só se celebrou unha eliminatoria da Copa da Costa, na que o Cee superou, con facilidade ao Cerqueda por 3-0. O resto dos Cuartos, este martes en horario nocturno.

 

Comentarios