FUTFEM: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada

As capis do Ponteceso e Corme no Cairo co colexiado cabanés David Cancela

Nova xornada completa para o fútbol feminino costeiro. Con doble boa nova para o Xallas na 2ª Div., pois vencía e segue invicto, e que recupera a Olalla, unha das mellores xogadores da Costa, trala súa lesión.
Pola contra, partido para olvidar para o Dumbría, que caía goleado en Carral, mentres que o Cee sufría un partido trabado coa visita do Tordoia na que non puido sumar. O Xallas está 3º con 13 puntos, mentres que o Cee cae á 6ª praza, con 10, e o Dumbría queda 10ª con 4.

Na 3ª División, no grupo norte (2), o máis destacado foi a vitoria do Corme ao Ponteceso no intenso derbi. Ademais, noutro dos partidos da xornada, Corcubión e Muxía repartironse os puntos, no que foi o debut da fisterrá Andrea Romero coas da vila de San Marcos.

No Sur, vitoria sufrida das Miúdas no derbi ante o Outes, e fermosa remontada da Esteirana, que se mantén no grupo de cabeza, en Cambados.

2ª División Feminina, Gr.2, xornada 5

Cee - Tordoia (0-1)

  • Cee: Valeria, Lucía Rod., Uxía, Ramos, Nerea, Laura, Martínez, Naiara Vázquez, Nayara Casais, Saray Duarte, Sharay Caamaño. Tamén: Noemi, Sabela, Gala e Antía.
  • Gol: 0-1, m.20: Irena.

Derrota desafortunada das branquiazuis, que loitaron con todo ata o final tras un inxusto gol temprano de falta. O Cee tería algunha ocasión que non sería capaz de entrar na porteria rival.

Na segunda parte, co Tordoia posicionado en campo propio e con numerosas perdas de tempo, o Cee foi incapaz de superar. Ademais Nerea marcaría un gol que sería anulado por un protestado fóra de xogo. Tamén Duarte tivo unha ocasión que iría por toda a escadra pero que despexaría a porteira rival.

Xallas - Meicende (5-1)

  • Xallas: Rosío, Carla, Otero, Laura, Claudia Espasandín, Valeria, Sara, Noe, María Rial, Cali e Barcia. Tamén: Patri, Marta, Olalla e Sonia.
  • Goles 1-0, m.10: Cali; 2-0, m.21: Noe Vimi; 3-0, m. 23: Espasandín; 3-1, m.29: Paula de penalti; 4-1, m.47: Espasandín nun córner; 5-1, m.70: Barcia.

Saían enchufadísimas as de Eloy, nun campo de Fontela con moito abiente, grazas a que o día acompañaba. Pronto se adiantaban as locais por medio de Cali, tras un bo pase de Noe, na que a dianteira farialle un maxistral sobreiro a porteira e acabaría rematando a porta vacía. O segundo chegaría por medio Noe, tras un bo pase de Espasandin, no que sacou a zurda a relucir cun gran golpeo dende fóra da área que converteu en golazo. Sen tempo a respirar chegou o terceiro por medio de Espasandin tras un pase de Valeria. O gol das rivais, chegou dende os 11 metros, e a piques estivo de atallar Rosío. Tras este gol, as rivais virianse algo arriba, e Rosio tivo que aparecer en varias ocasións con moi boas intervencións ata a chegada do descanso.

A segunda parte chegaría con moi boas novas, xa que a 10, Olalla, volvía aos terreos de xogo, tras lesionarse na primeira xornada. A segunda parte moi controlada por parte das xalleiras, nas que voleverían ver portería nun saque dende o curruncho por medio de Espasandin, convertindose na sosa maxima goleadora con 4 goles, no qué o seu primeiro ano de Senior. Finiquitaría o partido a extremo Barcia nunha presión a porteira rival, na que lle rouba o balón e envíao as redes sen oposición.

As xogadoras do Xallas celebrando unha nova vitoria

Carral - Dumbría (5-1)

  • Dumbría: Lucía Martínez, Sabela, Noa, Carril, Lara, Yoli, Claudia, Mariña, María, Juliette, Kelly. Tamén: Yaiza, Alicia, Carla e Alba.
  • Goles: 1-0, m.3: Olalla Vilela; 2-0, m.26: Silvia Soto; 3-0, m.40: Sabela Pousada; 4-0, m.65: Sabela Pousada; 5-0, m.70 Andrea; 5-1, m.89: Noa.

Partido desastroso de principio a fin das dumbriesas, nun día para esquecer. Saían despistadas as de Santi Lira, que xa aos 3 minutos sucumbía ante a presión do rival cun gol encaixado. Intentaba sacar algunha xogada combinada o cadro costeiro, pero sen conseguir transformalas para recortar distancias, chegando ao descanso con un 3-0.

Na segunda o equipo saía coa idea de intentar darlle voltaa o marcador, cunha actitud diferente, pero serían pronto as locais quen acertarían co cuarto matando as esperanzas das dumbriesas, que baixaron os brazos.

3ª División Feminina, Gr.2, xornada 2

Zas - Fisterra (0-2)

  • Zas: Noelia, Alvite, Carlota, TaniaT, Lucia Ares, Andrea, Inés, Lara, Tania, Nerea e Nuria. Tamen xogaron: Lucia R. Alba, Elsiña, Vanesa e María.

  • Fisterra: Lucía, Lidia, Tamara, Irene, Aroa, Sandra, Jimena, Leni, María Díaz e Paula. Tamén: Jenifer, Rosa, Adela e Ana.
  • Goles: 0-1, m.3: Leni; 0-2, m.86: Jimena.

Comezaba o partido moi igualado, coas fisterrás que parecía que non se adaptaban ao calor de outubro. Chegaron ocasións nos dous bandos, a medida que o Fisterra se ía soltando, pero as boas actuaciáns das porteiras fixeron chegar o descanso co resultado inicial.

Seguía o mesmo guión ata que Leni rompeu o choque cun golazo de falta. A partir de aí o Zas arriscou un pouco mais e as visitantes buscaban a sentencia a contra, ata que Jimena sentenciaba nunha contra. Dende o Fisterra agradecen o trato de toda a directiva do Zas.

Cerqueda - Camariñas (0-6)

  • Cerqueda: Inés, Jimena, Antía, Tati, Irene, Raquel, Paula, Carla, Cristina, Vanesa, e Sonia. Tamén: Alma, Carla e Kayla.
  • Camariñas: Maira, Laura Garrote (Leti), Rocío (Natty), Yara, Uxía, Laura Pose, Nuria (Ainoa), María, Aitana (Saray), Laura Paredes (Alba) e Paula.
  • Goles: 0-1, m.11: Paula Mouzo; 0-2, m.17: Paula Mouzo; 0-3, m.20: Aitana; 0-4, m.24: Laura Paredes; 0-5, m.48: Alba; 0-6, m.87: Saray.

Partido dominado polo Camariñas, que xa rompía o partido moi pronto aproveitando Paula Mouzo un par de erros da defensa local. Na segunda, co choque sentenciado, o Camariñas con 5 cambios dende o descanso, dominou pero sen tanto acerto, gracias tamén ao bo facer da porteira Inés Vega.

Soneira - Pastoriza (0-0)

  • Soneira: Martina; Uxía (Cristal), Rosiña, Cris, Laura (Antia); Sara (Sara Casti), María, Daniela (Paula Casti), Ana, Kenny; Zoe (Marcela).

Partido moi igualado, cun bo traballo por parte dos dous equipos. Primeira parte na que o Soneira lle costaba un pouco máis chegar á área rival e o Pastoriza B tampouco non era quen de crear perigo ás de Roland e Oli. Cómpre destacar un tiro dende lonxe de Triana que bloquea moi ben Martina por parte do Pastoriza B, e por parte do Soneira unha contra que saca a denfensa cando Zoe quedaba soa ca porteira.

A segunda parte o Soneira daría un paso adiante tendo dúas ocasións claras, unha de Kenny á saída dun córner e outra nunha contra que non conseguen materializar marcar gol. Tamén o filial tivo a súa pero o marcador inicial non se movería.

Corcubión - Muxía (0-0)

  • Corcubión: Elena, Elisa, Elena, Noa, Carla, Sanra, Cris, Paula Trini, María Lojo, Alexandra Lojo e Andrea Romero. Tamén: Marta, Ana, Piroja e Tatiana.
  • Muxía: Vero, Ana Toba, Andrea Dom., Andrea Insua, Nerea Barrientos, Nuria, Nerea Pazos, Patri Romaní, Raquel, Denise. Tamén: Paula Vilela, Paula Rey, Irene Alcaina, María, Marcela.

Partido dispuadísimo cunha primeira metade cun Corcubión máis enriba do rival, tendo varias ocasións para adiantarse, sobre todo un man a man de Noa e unha volea de Sandra que salva moi ben Vero, ademais dun tiro ao longueiro de Andrea.

Igualouse a contenda na segunda, sendo a mellor ocasión nunha pena máxima que marraba Piroja para as muxiás. As porteiras Elena e Vero, as mellores do partido.

A nota máis destacada do partido, o debut de Andrea Romero co Corcubión. A fisterrá, escollida no mellor 11 do ano pasado, debutaba co cadro de Rubén Castillo.

Mazaricos - Bergan B (3-1)

  • Mazaricos: Valeria, Graci, Antía, Silvia, María Senra, Fátima, Buján, Valen, Claudia, Ánxela e Tamara. Tamén: Saray, Leire, Raquel e Iza.
  • Bergan B: Leire, Antía S , Amelia, Aroa V, Ainhoa, Mini, Clara, Jimena, Antía R, Julia e Lorena. Tamén: Sara, Arancha, Carmen, You e Paula.
  • Goles: 1-0, m.3: Graci dende fóra da área; 1-1, m.30: Lorena; 2-1, m.48: Graci nun córner; 3-1, m.65: Silvia de penalti cometido sobre Graci.

Comezaba o Mazaricos moi forte e pronto se adiantaban cun tiro de Graci dende fóra e outro aviso ao longueiro. Tivo algunha máis o cadro de Marcos, como unha vaselina de Ánxela, para ampliar a renda pero era Lorena a que empataba para as de Noelia Iglesias.

Na segunda, o Bergan daba un paso adiante, pero nun córner Graci fai o segundo, e pouco despois Silvia fai o terceiro dende os 11 metros. Houbo ocasións de Iza, Raquel e María para as amarelas, pero tamén Valeria tivo que aparecer en dúas ocasións para manter a vitoria.

Corme - Ponteceso (1-0)

  • Corme: Lucía; Saskia, Aroa, Irene; Zeltia (Laura), Olalla, Ana (Candela), Lucía, Cris, Naroa e Carla. Tamen: Belén, Salomé e Aurora.

  • Ponteceso: María, Berdeal (Laura R.), Ainhoa, Myre, Noe (Sarai), Noemí (Lara), Eva (Silvia), Lago, Oanes, Claudia, Muíño.
  • Gol: 1-0, m.60: Zeltia.

Emocionante e intenso derbi o vivido no Cairo, con aínda na memoria o 0-3 do final do curso pasado a favor das pondalianas. Saía o Ponteceso de Curro con moita intensidade, esperando atrás buscando as transicións rápidas, tendo ocasións de Sarai, Lago e Claudia que serían frenados polo pau ou pola gardameta do Corme. En fronte, o Corme de Rubén Souto, competía ben pero sufría ante as chegadas das visitantes, como un pau dun tiro exterior de Eva Lago e un man a man clarisimo de Claudia con Lucía. Na área contraria, Cris lanzaba unha falta ao longuero, e un tiro perigoso, ademais das incursións de Naroa, un pesadelo para as pontecesás. Nunha delas tivo que aparecer María metendo unha mana abaixo.

Na segunda calmouse algo máis o partido, e era Zeltia a única que conseguía romper a igualada, e conseguir que os puntos quedasen no Cairo, para delicia da afección azulona  No último treito de partido apretaron as pondalianas metendo no seu campo as cormelás, e tendo 3 boas ocasións para acadar a igualada.

A Baña - Cabana (1-3)

  • Cabana: Miriam, Nuria (Irene), María (Natali), Sheila, Mel (Begoña), Iria, Inma, Alejandra, Saray (JessiPose), Antía Pazos, Adriana.
  • Goles: 0-1, m. 20: Saray a pase de Iria; 1-1, m.47: Paula Varela; 1-2, m.55: Iria; 1-3, m.71: Irene.

Traballada viitoria das de Jose Manuel en A Baña diante de un equipo que se empregou con moitas gañas no sei debut no seu campo. Adiantouse o Cabana por medio de Saray logo dun bo pase de Iria e as locais acusaron o golpe cunha primeira metade de dominio cabanés. Pero repuxéronse ao comezo do segundo tempo acadando o empate nun tiro cruzado de Paula. Foron uns momentos de dúbida no Cabana nos que as locais lle crearon problemas ao equipo cabanés, pero pronto Iria poñía o segundo do Cabana e Irene cerraba o resultado co terceiro que lle daba tranquilidade e sentenciaba o encontro.

3ª División Feminina, Gr.4, xornada 2

As Miúdas - Outes (3-2)

11 do Outes CF en Muros
  • As Miúdas: Siaba, Atenea, Leire Gallardo, Marta Verán, Carlos, María González, Ana Romero, Laura Sieira, Sofía, Cris e Sabela. Tamén Leire Lamela, María García, Noa e Iria.
  • Outes: Candela, Natalia Lago, Alicia, Paula, Laura Lires, Gema, Natalia Alonso, Uxía, Gracias, Valeria e Molinos. Tamén: Lara, Cladia Carou, Miriam, Irene e Marinha.
  • Goles: 1-0, m.10: Marta Verán; 2-0, m.13: Sofía; 2-1, m.51: Laura Lires; 2-2, m.73: Alicia; 3-2, m.83: Laura Sieira.

Disputouse no Eleuterio Balayo o choque polas inundacións do campo do Cunchido. Foi un choque intenso, que comezaba co dominio das locais, que se adiantaban cun claro 2-0 tendo máis pcasións para ampliar a renda. Pero as de Dani saíron a por todas da segunda, recurtando moi pronto, e apretando durante moitos minutos, aproveitando o baixón das de Mané. Chegaron a empatar as da Serra, que vencían cada duelo, cun golazo de Alicia. Pero unha falta a 5 do final, era transformada por Laura Sieira para deixar os puntos en Muros.

Cambados - Esteirana (3-4)

  • Esteirana: Maruxa (Naira); Gina (Lidia), Terre, Sara, Marta; Lara, Nerea; Dara (Cris, Leti, Bárbara; Rut.
  • Goles: 1-0, m.31: Aldara; 2-0, m.36: Inés Diz; 2-1, m.43: Bárbara; 3-1, m.44: Aldara; 3-2, m.63: Rut; 3-3, m.74: Bárbara; 3-4, m.84: Rut.

Primeiro partido fóra do Xosé Luís Vara, sen a presencia do míster por baixa médica, pero ben escoltado por Uxía, Manola (a delegada) e o directivo Miguel. Comezaron demasiado abertas as esteirás, deixando espazos libres no medio do campo que souberon aproveitar moi ben en menos de 5 minutos ás cambadesas con goles de Aldara e Inés á media hora. Logo dunha recuperación alta da capitana Esteirana, Bárbara recortou distancias no marcador, que finalizou cunha xogada individual.
A vantaxe pola mínima durou pouco, xa que un minuto máis tarde, ao fío do descanso, logo dun balón que se freou en seco polo estado do campo, rematou de novo Aldara un pase desde a banda dereita que finalizou na rede visitante, convertido así o que ía ser o resultado ao descanso, 3-1.

Á volta dos vestiarios seguía o dominio do Xuventude Cambados. Pero a Esteirana cun par de cambios de posición de algunha xogadora, puido equilibrar mellor o partido. E comezaba a festa blaugrana. Un balón en longo, que controla a dianteira Rut, regateando á defensa rival, fai que volva a recortar distancias no marcador. As visitantes crían na remontada. Unha falta tirada pola especialista Lara, termina empuxándoa coa testa Bárbara, logo do rechace da porteira. Co empate no marcador, víronse os mellores momentos da Esteirana. Un balón ás costas da defensa local, fixo que Rut no min 85, cunha vaselina de fóra da área, elevando o balón por encima da porteira, marcase o gol da vitoria. Tan só quedaban 5 min máis 3 de desconto, nos que fortaleceron á defensa e souberon aguantar ben o resultado.

Todas as crónicas do FUTFEM

Outras novas

 

Máis info