mércores. 13.11.2024
El tiempo

FUTFEM: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco

Dumbria CF-UC Cee fem-Foto-CF
Imaxe do tenso e intenso Dumbría CF-UC Cee-Foto-CF
FUTFEM: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco

A gran nova da fin de semana era o comezo, por fin, da dividida Liga da Costa Fem. Pero o tenso derbi do Conco róuballe algo de protagonismo. Dumbría e Cee asinaron táboas nun choque con emoción, tensión, expulsión, goles… un deses choques que dá conta do potencial do FUTFEM!

Nas Ligas da Costa, nos dous grupos da 3ª División, cómpre destacar os debuts de Sporting Zas e Soneira polo norte (con esperadas derrotas), e da Esteirana polo sur, cun vitorión ante o Sonnoia.

Aquí deixamos as crónicas completísimas, con máis de 20 fotos, tendo que agradecer a colaboración dos clubs para podérmolas compartir.

2ª División Feminina, Gr.2, xornada 4

Dumbría - Cee (1-1)

Nerea e Paula Fandio coa colexiada xalleira Andrea-Foto-CF
As capis do Cee e Dumbría, Nerea e Paula Fandiño, coa colexiada xalleira Andrea-Foto-CF
  • Dumbría: Lissete, Noa, Carril, Mariña, Cladua, Yolanda, Sabela, Paula Fandiño, María, Kelly e Eva. Tamén: Lucía Martínez, Paula Rod., Serena, Juliette e Lara.
  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Uxía, Nerea, Ramos, Paula Veiga, Naiara Vázquez, Nayara Casais, Laura Blanco, Sharay Caamaño e Saray Duarte. Tamén: Valeria, Martínez, Sabela Abel, Gala e Sabela Paz.
  • Goles 0-1, m.17: Saray Duarte dende fóra da área; 1-1, m.53: Kelly.
Dumbria CF-UC Cee fem-Foto-CF 2
Foto: Dumbría CF

Derbi costeiro de máxima igualdade no Conco, que comezaba co Cee arranca metendo unha marcha máis, tendo Sharay a primeira ocasión de gol. O Cee foi dominador, cun Dumbría esperando para saír á contra, e intentouno Naiara e Duarte en varias ocasións ata que Saray marcaría un golazo dos que xa nos ten acostumados.
Á contra o Dumbría pedía expulsión nunha xogada na que Eva se marchaba cara a meta rival. A mesma tónica ata o descanso, co Cee propoñendo un pouco máis.

Na segunda parte o partido foi máis un tira e afrouxa na que ninguén era dono do balón. O Dumbría, tendo máis o balón, igualaba pronto o marcador tras unha falta moi protestada pola bancada visitante, tendo ademais algo de fortuna no lanzamento.

O choque foise quentando e Paula Veiga acabou sendo expulsada por protestar recibindo dúas amarelas na mesma xogada, e aínda con 25 minutos por diante. Cunha máis o Dumbría encontraría máis espazos aínda que se seguían precipitando na zona final do ataque, ante un Cee que nunca lle perdeu a cara ao partido, e incluso disporían dun penalti por desviar o balón coa man tras un centro, que Liss pararía. No último segundo, o cadro dumbriés tamén tivo dúas ocasións para romper a igualada.

Dumbria CF-UC Cee fem-Foto-CF 3
Foto-CF Dumbría

Orzán B - Xallas (1-1)

  • Xallas: Rosio, Cali, Aintzane, Otero, Laura, Espasandin, Valeria, Noe, Sara, María Rial e Barcia. Tamén: Sonia, Patricia, Marta e Yaiza.
  • Goles: 1-0, m.24: Alexia; 1-1, m.90: Noe.

Saída compliaca a que tiñan as xalleiras ante o Orzán B. Na primeira parte foron moi superiores as hercolinas, impoñendo o seu xogo co balón, facendo correr moito ás de Eloy, que aguantaban no partido grazas a unha excelente Rosío que facía varias paradas milagreiras, ás que xa nos ten acostumados.

Tiveron as xalleiras un par de disparos por medio de Valeria e Barcia pero que a porteira local atallaría sen problemas. Adiantábanse as locais no ecuador do primeiro tempo.

Cos cambios ao comezo da segunda saían máis enchufadas as xalleiras, presionando máis, sen deixar xogar tanto, e aos 10 minutos as locais quedan con 10 por un xogo perigoso sobre Valeria. Aproveitaron e subiron liñas tendo varias chegadas por medio de Cali e Yaiza, e un man a man de Espasandin, na que a porteira estivo moi acertada. Non desesperaron as xalleiras e sobre o pitido final apareceu o guante no pé da zurda vimiancesa, Noe para nun libre directo dende a frontal da aérea, volveu sacarlle as telas de araña a escadra, como xa fixera fai dúas xornadas.

Xallas FEM
O Xallas 

3ª División Feminina, Gr.2, xornada 1

Cabana - Cerqueda (1-0)

  • Cabana: Miriam, Alison (Aitana), Laura, Aroa, María (Valeria), Inma, Alejandra (Sheila), Iria (Antia Torres), Saray (Natalie), Antia Pazos, Adriana.
  • Cerqueda: Noelia, Alvite, Carlota, Tania Trigo, Lucia Ares, Tania , Andrea , Inés, Lara, Nuria e Nerea. Tamén: Alba, Isa, María e Elsiña.
  • Gol: 1-0, m.27: Antía Pazos.
UD Cerqueda feminino na pretemporada 24-25
Plantel UD Cerqueda feminino nun choque de pretemporada 24-25

Partido típico de comezo de temporada, cun Cabana de José Manuel que controlou máis o balón ante un Cerqueda, dirixido este ano por Miguel Ángel Rodríguez (ex do Buño masculino entre outros), ao que lle custaba máis manter o balón. O cadro local tivo máis ocasións, pero non estivo acertado cara gol, e s atopoou unha e outra vez coa meta cerquedá Noela. Na outra área, Miriam non tivo demasiado traballo.
Só Antía Pazos conseguía abrir a lata á media hora de xogo, demostrano que este ano o Cabana aspira a estar arriba. O Cerqueda, comeza paseniño con boa letra, destacando a aposta do club polo fúbol feminino, sendo o único equipo, xunto co Cee, con nada menos que 4 equipos femininos.

UD Cerqueda Infantil 24-25
UD Cerqueda Infantil 24-25

Pastoriza B - Corme (0-4)

  • Corme: Lucía (Belén); Saskia, Aroa (Laura), Irene (Candela), Lucía; Zeltia (Nerea), Ana, Olalla, Cris, Carla e Naroa.
  • Goles: 0-1, m.54: Zeltia; 0-2, m.57: Carla; 0-3, m.69: Naroa; 0-4, m.85: Saskia.

Con moitas gañas chegaron as cormelás a Pastoriza, para dominar completamente ao filial, onde a falta de puntería deixou un mal sabor de boca nas de Rubén Souto, sobre todo nos primeiro. A partir do primeiro de Zeltia, aque abría a lata, a cousas mellorar, e o equipo fixo un choque completo en todas as facetas.

Ponteceso - Zas (6-0)

Ponteceso SD Feminino 2024

  • Ponteces: María, Berdeal (Lucivili), Myre (Sabela), Ainhoa, Noe (Laura R.), Silvia (Lara), Eva, Lago, Oanes, Muíño, Noemí.
Sporting Zas Feminino 24-25
Primeiro 11 histórico do Sporting Zas
  • Zas: Noe, Lucía Ares, Tania Pose, Lara Ucha, Noelia Alvite, Tania Trigo, Carlota, Inés Vilariño, Andrea Solís, Nerea e Nuria. Tamén: Alba Rama, Elsa, María Mansilla e Isa.
  • Goles: 1-0, m.3: Muiño: 2-0, m.41: Eva; 3-0, m.44: Muíño; 4-0, m.48: Noemí; 5-0, m.55: Muíño; 6-0, m.83: Lucivili.

Ponteceso SD-Sporting Zas fem no Pinguel

Estreouse o Sporting Zas no Pinguel ante un dos equipos aspirantes a gañar a liga. A experiencia é fundamental nestes choques e se notou en cada lance. O cadro dirixido polo noso Anxo Garrido (colaborador desta casa durante anos) esperaba as embestidas locais, pero moi pronto o todoterreo Muíño abría a súa conta persoal e a do partido. Dominaban as de Curro pero sen chegar á portería con claridade, pero xusto antes do decanso dúas chegadas abrían a fenda e evitaban o nerviosismo nas locais.
Na segunda, mesmo guión, co Ponteceso dominando e o Zas collendo experiencia en defensa.

A próximo fin de semana toca derbi no Cairo.

Camariñas - Corcubión (3-0)

Camarinas CF Feminino 24-25

  • Camariñas: Maira; Laura Garrote (Lola), Rosana, Rocío, Aitana (Uxía), Laura Pose, María, Nuria, Laura Paredes (Lara), Yara e Paula (Saray).

UD Corcubion Feminino 24-25

  • Corcubión: Elena, Carla, Cris, Trini, Elisa, Sambade, Alex, Maria, Sandra, Noa, Taty. Tamén: Andrea e Mary.
  • Goles: 1-0, m.1: Paulas Mouzo; 2-0, m.74: María de cabeza á saída dun córner botado por Nuria; 3-0, m.85: María define no man a man.

Comezaron algo nerviosas as corcubionesas e máis cando nada máis comezar Paula Mouzo aproveita un erro da meta visitante para abrir o marcador. A primeira metade estaba igualada, con moito xogo no medio campo e poucas ocasións, un longueiro das locais e un tiro lonxano das visitantes que saía lambendo a escuadra.

Na segunda comezaron mellor as de Rubén Castillo, chegando á meta de Maira con algo máis de claridade. Pero a lesión da capi corcubionesa, Carla, mermou o potencial e o equipo de Cabrejo e Pepucho puido apretar algo máis e sentenciar.

Muxía - Soneira (4-1)

  • Muxía: Vero, Ana Toba, Marta, Andrea Insua, Nerea Pazos, Nerea Barrientos, Patri Romaní, Irene, Denise, Andrea Domímguez, e Nuria. Tamén: Paula Vilela, Raquel, Claudia, Paula Rey e Marcela.
Soneira SD feminino 24-25
Primeiro 11 do Soneira SD feminino 24-25
  • Soneira: Martina (Piñeiros); Uxia (Cristal), Adriana, Cris, Laura; María (Helena), Leila, Ana; Sara (Paula Casti), Zoe (Marcela) e Kenny.
  • Goles: 1-0, m.3: Nerea Barrientos; 2-0, m.10: Patri Romaní; 2-1, m.18: María; 3-1, m.41: Nerea Barrientos; 4-1, m.59: Patri Romaní.
Patri Romani e Ana Mouzo no Muxia-Soneira Feminino
Patri Romaní e Ana Mouzo no Muxía-Soneira Feminino

Debut histórico do Soneira, e ante todo un Muxía, aspirante a estar moi arriba, liderado de novo por Patri e esperando a volt de Barca ao céspede. O Soneira fixo un gran traballo intentando defenderse, pero moi rápido as de Isma Pose e Barca metían campo por medio. Parecía que o choque acabaria con goleada, pero o equipo de Oli e Roland, nunha gran xogada triangulando entre Kenny, Ana e Zoe conseguiron deixar a Kenny soa para recurtar. O choque igualábase algo máis pero Barrientos volvía ampliar a renda antes do descanso.

Na segunda, Patri conseguía sentenciar, pero o Soneira pelexou por chegar á área rival ata o pitido final, demostrando unha melloría paulatina que se define co 9-0 que recibían das muxiás en preteremporada.

Fisterra - Mazaricos (1-4)

  • Fisterra: Jennifer Noetiña, Tamara, Irene, Marcote, Aroa, Sandr, Jimena, Xaira, Antía, Paula e María. Tamén: Lucía, Ana, Adela e Lidia.

Mazaricos CF feminino 24-25

  • Mazaricos: Valeria, Graci, Antía, Silvia, María Senra, Valentina, Fátima, Buján, Claudia, Tamara e Ánxela. Tamén: Paula, Sara, Leire, Raquel e Lidia.
  • Golers: 0-1, m.13: Silvia; 0-2, m.28: Silvia de falta directa por toda a escuadra; 1-2, m.40: Antía de tiro lonxano; 1-3, m.52: Tamara; 1-4, m.87: Lidia.

SD Fisterra-Mazaricos fem

Saían con máis nervios as locais de Fran que as amarelas de Marcos, que comezaban dominando con diferentes ocasións na primeira metade. Silvia botábse o equipo ás costas na primeira marcando os dous primeiros goles, pero Antía recurtaba para as fisterrás.

Comezaba a segunda cun Fisterra moi aguerrido, con máis soltura pero sen claridade arriba. Pronto encaixaban o terceiro pero non deixaron de apretar, e xa no tempo final, as Tamara e Ánxela, con espazos, fixeron das súas.

Fisterra-Mazaricos fem en Ara solis

3ª División Feminina, Gr.4, xornada 1

Esteirana - Sonnoia (5-0)

SD Esteirana Feminina 24-25
Primeira convocatoria histórica da SD Esteirana Feminina 24-25
  • Esteirana l: Naira, Terre, Sara, Nerea, Marta, Leti, Lara, Sandra, Lidia, Bárbara e Rut. Tamén: Cris, Dara, Gina e Alba.
  • Goles: 1-0,m .11: Sandra; 2-0, m.26: Rut; 3-0, m.28: Bárbara: 4-0, m.67: Rut; 5-0, m.83: Bárbara.

Bo debut das de Fran Figueroa, a pesares das dúbidas e dos nervios iniciais, nun arranque no que as barbanzanas tiñan máis presencia no campo das locais, pero sin inquietar a meta de Naira. Pasado o minuto 10, tras un rexeite na frontal, Sandra abreu o marcador cun bo disparo, e dende aí as blaugranas dominaron o xogo e as ocasións mandando 3-0 no descanso con goles da capitana Bárbara e de Rut.
Na reanudación mesma tónica con algún achegamento do Sonnoia que tanto a defensa como Naira souberon frear, e novamente Rut e Bárbara materializarían cada unha o seu doblete particular para deixar os primeiros 3 puntos na casa ante un centenar de siareiros.

As Miúdas - Juv. Cambados (0-2)

  • As Miúdas: Siaba, Atenea, Leire Gallardo, María González, Ana Romero, Laura Sieira, Xiena, Sofía, Cris, Marta Verán e Piñeiro. Tamén: Leire Lamela, Sabela, Clara, María García e Iria.
  • Goles: 0-1, m.20: Aldara de penalti; 0-2, m.52: Carla.

Partido sen moitas ocasións nas áreas no que o Cambados parecía querer levar a voz cantante durante a primera parte, xerando algunha ocasión que entre Siaba e a defensa local resolvian sen problemas. As visitantes continuaron atacando ata conseguir que a defensa local cometese un erro provocando un penalti que Aldara Muñiz anotou, adiantántandose no marcador.

Na segunda parte o guión foi similar, ata que nun disparo lonxano Carla Varela conseguía o 0-2 no marcador. Sen moita variación no xogo, o arbitro sinalaba o final do partido levandose as de Cambados os 3 puntos.

Rois - Outes (5-2)

Outes FC Feminino 24-25

  • Outes: Candela, Uxia, Natividad, Natalia Alonso, Valeria, Marisol, Alicia, Laura, Maria Antelo, Gema e Carla. Tamén: Xeila, Miriam, Irene, Marinha e Paula.
  • Goles: 1-0, m.9: María Lougzili; 2-0, m.28: Laura Eiras; 3-0, m.43: María Lougzili; 3-1, m.50: Gema; 4-1, m.63: Erika; 5-1, m.84: Sar; 5-2, m.87: Laira Lires.

Arrincaron a segunda temporada da súa historia algo nerviosas as xogadores do Outes na súa visita á Braña. Pero levan boas sensacións, sobre todo porque parece que a gran débeda do ano pasado, o acerto cara gol, parece roto xa dende o comezo.

Tras uns primeiros minutos moi disputados, xogando os dous equipos bastante en longo, en perigo, pronto se adiantaban as locais. Pero as de Dani chegaban á meta rival con Carla facendo moito dano. Pero á media lesionábase tras sufrir 3 faltas bastante duras, o que trastocou bastante a primeira idea de partido das de Dano.

A volta do descanso, reafirmaron a súa aposta, e non puideron empatar, pero volveron coa sensació de poder competir.

Todas as crónicas do FUTFEM

Outras novas

 

Máis info

Comentarios