Luns. 07.10.2024
El tiempo

FUTFEM: Cee e Xallas suman e seguen

UC Cee FEM 24-25
O UC Cee celebrando a vitoria
FUTFEM: Cee e Xallas suman e seguen

Despois da primeira e inmaculada xornada, os tres equipos da 2ª División disputaban o seu segundo choque. E Xallas e Cee manteñen o pulso na parte da alta da táboa sumando a súa segunda vitoria consecutiva. Quen non puido foi o Dumbría que sucumbiu na casa ante unha das favoritas ao ascenso.

Ademais, xa temos o calendario da Liga da Costa FEM en www.futboldacosta.com, que como sabedes queda fragmentada en dous grupos.

2ª División Galega Fem, grupo 1, xornada 2

Silva - Cee (1-9)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Facal, Ramos, Nerea, Paula Veiga, Nayara Casais, Antía, Sabela, Laura, Naiara Vázquez. Tamén: Valeria, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Uxía e Gala.
  • Goles: Paula Veiga (5), Nerea, Naiara Vázquez, Lucía Ramos e un en propia.

Partido cómodo para o Cee onde tan pronto comenzar Paula Veiga, que fixo un póker de goles, abría o marcador. O Cee non abandonaba o campo contrario, colocándose 0-5 en media hora.

Na segunda parte o Silva intentou ameazar e recortaría distancias no marcador. Tras varias ocasións de perigo, unha defensa do equipo coruñés marcaría en propia tras un tiro de Minerva nunha boa xogada en equipo. Tamén marcaria un gol Lucía Ramos tras unha boa carreira pola banda. Ao borde de rematar o partido Paula marcaria dous goles mais, entre eles un golazo olímpico.
Boa vitoria que permite as de Rafa sumar tres puntos e coller boas sensacións de cara a tempada.

Dumbría - Pastoriza (2-6)

Plantel do Dumbria Fem 24-25

  • Dumbría: Lucía Martínez, Noa, Carril, María, Yoli, Lara, Claudia, Sabela, Paula Fandiño, Kelly e Maria das Carisas. Tamén: Eva, Mariña, Laura, Serena, Juliette.
  • Goles: 0-1, m.12; 0-2, m.20; 0-3, m.30: 1-3, m.44: Paula Fandiño de falta dende moi lonxe; 1-4, m.52; 1-5, m.59: 2-5, m.64: Paula Fandiño de penalti; 2-6, m.77.

Estreno en casa do Dumbría de Santi Lira na 2ª. E o equipo saía enchufado contra un dos que seguro que será dos equipos que pelexarán polo título. As locais conseguían chegar á área contraria pero sen demasiado perigo, en boa medida polo gran papel da meta visitante. E cando máis preto se facía ver o gol local, chegaría o 0-1. Comezaron as presas e as precipitacións, o que propiciou varios regalos en zona de perigo que permitiron ás visitantes anotar dous tantos máis antes da media hora de xogo. Paula Fandiño de falta poría o 1-3 antes do descanso cun gol de falta dende case medio campo.

Saíron potentes as locais, xerando ocasións, pero sen acerto. As que si marcaban a cada chegada eran as visitantes, con moita calidade nos últimos metros, que pronto sentenciaban. O partido estaba tolo, xa coas costeiras envorcadas, e marcou Paula de penalti pero sen opción á remontada. Con todo, boas sensacións no banco dumbries.

Cultural Maniños - Xallas (1-3)

  • Xallas: Rosio, Carla, Barcia, Yaiza, Andrea Otero, Laura, Claudia, Valeria, Noe, Sara e María Rial. Tamén: Aintzane, Patricia, Marta e Carmen.
  • Goles: 0-1, m.9: Yaiza tras unha xogada individual de Valeria; 1-1, m.49; 1-2, m.75: Noe de fermosa falta coa zurza; 1-3, m.90: Claudia.

Primeira saída da tempada para as de Eloy García Feteira, e parece que a viaxe ata terras ferrolás deixounas tocadas que saíron algo durmidas. Así e todo, un par de avisos con centros laterais que non daban achicado as locais, serviron para espertar ás xalleiras que pronto chegaron á área contraria con ocasións de Noe e Barca, puideron abrir a conta goleadora por medio de Yaiza. O partido foi igualado ata o descanso, sen ocasións claras.

Repetiuse o guión na segunda, e as locais cazaron algo despistadas ás verdes, acadando o empate. Repuxéronse as xalleiras, e cos cambios o equipo volveu virse arriba. Noe metían en vantaxe de novo ao cadro de Elou cunha fermosa falta pola escuadra, e xa nos minutos finais, Claudia Espasandín aparecía para cerrar o partido cun recorte á central e tirando ao pao longo da porteira, como mandan os manuais do fútbol.

O Xallas FEM volven en autobus

Todas as crónicas do FUTFEM

Outras novas

Máis info

Comentarios