FUTFEM: Trío de vitorias para comezar o curso
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Arrincou a temporada para os 3 equipos costeiros na 2ª División Feminina, e fíxoo de forma inmellorable, con 3 vitoria. Xallas, Cee e Dumbría demostraron que este ano poderán estar na zona de arriba. Xalleiras e ceenses xa son veteranas na categoría e o Dumbría chega para seguir medrando.
Mentres seguimos esperando polos calendarios da 3ª, que este ano rompe a Liga da Costa en dúas partes.
Xallas - Juv. Almeiras (4-0)
- Xallas: Rosío, Carla, Paula Barcia, Andrea Otero, Laura, Yaiza, Sara, María Rial, Valeria, Claudia e Olalla. Tamén: Patricia, Marta, Carmen, Sonia e Aintzane.
- Goles: 1-0, m.13: Olalla de penalti; 2-0, m.22: Otero; 3-0, m.44: Carla; 4-0, m.88: Clau Espasandín.
Primeiro partido das de Eloy García Feteira e primeira vitoria. E iso que saíron algo apáticas as costeiras, por mor da calor, e custoulles meterse no partido. Aí, as visitantes buscaban as costas da defensa e facían dano, tendo que aparecer Rosío para manter a porta a cero.
Pouco a pouco íanse estirando as locais e nunha internada, tras unh parede entre Otero e Sara, esta cae derribada dentro da área transformando o penalti Olalla. Nun bo centro de Paula Barcia, terían as costeiras o segundo no remate de Yaiza, pero marchou fóra. Pronto chegaría o segundo, tras un rexeite da porteira a un tiro de Yaiza que Otero convertía de vaselina.
Antes do descanso, Carla faría o terceiro nunha xogada ensaiada.
Olalla tiña que ser substituída por unha mala entrada, pero a segunda seguía co mesmo guión, as xalleiras controlando, salvo algún susto en balóns longos, que obrigaron a Rosío a volver a aparecer. Foi Claudia Espasandín a que finiquitou o partido cun golazo dende fóra da area pola escuadra.
Cee - PMFriol B (2-1)
- Cee: Valeria, Lucía Rod., Facal, Lucía Ramos, Nerea, Laura, Naiara Vázquez, Paula Veiga, Saray Duarte, Sharay Caamaño e Nayara Casais. Tamén: Noemi, Martínez, Sabela, Gala e Antía.
- Goles: 1-0, m.64: Paula Veiga; 1-1, m.65; 2-1, m.81: Nerea.
Comeza con vitoria o equipo de Rafa Suárez a nova temporada. As ceenses comezaban dominando e mantendo o balón en campo rival nunha primeira parte sen moitas ocasións, salvo duas chegadas locais, sobre todo un tiro de Sharay ao longueiro que a piques estivo de abrir o marcador.
Na segunda parte, na mesma tónica tamñen marcada polas altas temperaturas, o Cee intentou con todo marcar o primeiro gol ata que nunha fermosa xogada de equipo, Paula marcaba tras un bo regate á defensa rival. Tan pronto sacou o Friol de medio, empataban o encontro nunha contra. Pero o Cee soubo reaccionar e pelexou ata ao final para acadar a vitoria. E chegou, gracias á defensa Nerea, que aproveitaba un rexeite na área para marcar por toda a escuadra. Aínda tiveron as costeiras un par de ocasións para aumentar a vantaxe, pero os puntos quedaron na casa.
Sp. Meicende - Dumbría (1-2)
- Dumbría: Lucía Martínez, Noa, Carril, María, María das Carisas, Paula Fandiño, Sabela, Claudia, Yoli, Lara e Juliette. Tamén: Laura Montero, Kelly, Serena, Carla e Paula Rod.
- Goles: 0-1, m.22: Sabela; 1-1, m.62: 1-2, m.89: Noa.
Estreo na categoría con vitoria, a domicilio, das de Santi Lira. Comezaba o xogo o equipo dumbriés con moitas dúbidas, pola novidade do rival e da categoría, pero pouco a pouco foron decatándose de que poden competir como as que máis. Conectaban por momentos, pero sen xerar demasiadas ocasións, ata que nun balón filtrado Sabela quedaba man a man antes a porteira e tras regateala faría o 0-1.
Non souberon ler o ritmo de partido as dumbriesas, o que sumado ao calor, provocou un desgaste serio que provocaba uns erros que case costan o empate.
A volta dos vestuarios, parecía que o equipo quería ir a polo segundo gol, tendo ocasións claras e perdoando. Pero o equipo desconectouse e nun balón sen aparente perigo o equipo local faría o empate. Reaccionaron as costeiras e comezaron de novo a ir con todo polo partido, e xa no treito final, máis por corazón que con orden, conseguirían case que no descontoo gol da vitoria por medio de Noa.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.