Históricos debuts Xuvenís
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Empezou esta pasada fin de semana o fútbol base costeiro, con 5 das 6 categorías xa en marcha. Queda pendente a 2ª FUTGAL Cadete, que este ano só conta con 14 equipos e comezará o 29 deste mes.
Pero as dúas categorías de Xuvenís e Infantís xa están en xogo, así como a 1ª Cadete, na que compiten o Outes de Carlos Romero, o Dumbría de Huelvis e Dani Canosa e o Coristanco de Diego Mallo e Fofi. Coristanco e Dumbría comezaban o curso de xeito inmellorable na nova liga provincial, e de feito os dumbrieses son lideres tras endosar unha goleada ao Villestro. Porén, o Outes caía na casa ante o Portonovo.
Na 1ª Xuvenil, o Outes de Carlos Romero e Manuel Sieira si que comezaba con vitoria, desta volta, fóra da casa ante o mesmo Portonovo pero na vila pontevedresa. As derrotas caeron nesta categoría da man do Xallas de Steven na casa ante o illadoiro, e do Dumbría de Raúl Periscal e e Raúl Lado en A Seca.
Pero as grandes novidades aconteceron na Liga da Costa Xuvenil, a 2ª FUTGAL Xuvenil. Naceron varios equipos na categoría este curso, e xa se puxeron en marcha. Así acontece co SD Oza, que sacaba un empate en Baio; ou o Lira e o Volantes, que estrearon a súa primeira participación histórica na categoría en Miraflores, cun 4-1 para o cadro muradán.
Tamén son novidade a presenza do ECCJuan Cabrejo, do Xallas B, o Sofán B, ou o San Lorenzo, que volve competir este curso na categoría xuvenil.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.