Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O Fútbol base da Costa ponse a andar en www.futboldacosta.com

Outes infantis da 24-25
Plantel do Outes infantil desta 24-25
O Fútbol base da Costa ponse a andar en www.futboldacosta.com

Xa temos na nosa plataforma todas as categorías de base de F11, xa que a meirande parte comezan esta fin de semana, agás a 2ª División Cadete.

A nova 1ª FUTGAL

Plantel do Dumbria Cadete 24-25
Plantel do Dumbría Cadete 24-25

Cómpre destacar os equipos costeiros que conseguiron o ascenso á nova categoría provincial, a 1ª FUTGAL.

Na 1ª FUTGAL Xuvenil competirán Dumbría, Outes e Xallas. Ademais o Sofán quedou inserido no Grupo da Coruña e Ferrol.

Na 1ª FUTGAL Cadete farán o propio Dumbría, Coristanco e Outes.

E na 1ª FUTGAL Infantil estarán Cee e Outes. Tamén ascendeu o Sofán, pero foi enviado ao grupo norte.

Por parte do Coristanco Cadete, os adestradores so Diego Mallo e Adrián Varela “Fofi”.

O adestrador do Xallas Xuvenil será Steven, xogador do primeiro equipo.

No Outes, os responsables serán:

  • Xuvenil A - Carlos Romero/Manuel Sieira.
  • Cadete - Carlos Romero.
  • Infantil - Ubaldo Ponte.

Pola súa banda, o equipo técnico dumbries está formada por:

  • Xuvenil: Raúl Periscal e e Raúl Lado.
  • Cadete: Huelvis e Dani Canosa.

Ademais, o adestrador do Cee Infantil será Juan Castiñeira. 

E para completar o cadro de adestradores en categoría provincial, no Sofán Jaime Rod. estará co Xuvenil A e Fernando Fraga no Infantil A.

Ligas Comarcais

Na Liga comarcal Xuvenil, destaca a aparición de varios equipos novos, como son o Lira, o Volantes, o Oza, o ECCJuan Cabrejo, Xallas B, San Lorenzo ou o Sofán B.
Pero tamén hai que lamentar a falta de equipos como o Muxía, Fisterra, ou Os Miúdos.

Máis información

Comentarios