Igualadísimos partidos de ida das semis da Copa da Costa
Menos fútbol do esperado pero si moita tensión e igualdade nos choques da ida das semifinais da Copa da Costa. Queda todo aberto para os partidazos do vindeiro domingo, xa con toda a atención do fútbol costeiro, no Conco e na Fontenla.
Baio - Dumbría (1-0)
- Baio: Iván Fraga, Aday, Norberto, Peke, Pablo Dom., Iván Rod., Hugo, Aitor Vilas, Bieito, Pazos e MC. Tamén: Bruno, Pablo Rod., Josiño, Santiso e Ceide.
- Dumbría: Anxo, Dani Chao, Pablo Paz, Yerva (Sendón), Baba, Brais Fdez. (Rivi), Lucas (Mataso), Darío, Estévez e Xabi Castro (Mario).
- Gol: 1-0, m.66: MC.
Mal partido do cadro dumbriés, sempre incómodo co balón, ante un Baio que soubo medir as forzas e controlar os tempos. Tras unha boa primeira metade, os de Félix conseguían adiantarse no ecuador da segunda metade cun tanto de MC. O Dumbría tratou de estirarse pero só conseguiron crear algo de perigo en situacións esporádicas ante un Baio moi firme que leva unha boa vantaxe para a ida.
Sofán - Xallas (1-1)
-
Sofán: Brais, Iván, Noe, Becerra, Dani Pena, Dani García, Paulo, David, Fabián, Taibo e Pablo Parafita. Tamén: Mario, Alexandre, Marcos, Juan Díaz e Eibe.
- Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Adán, Brais, Samuel, Xan Caridad, Colón, Capelo, Juan de Celia e Carlos Rieiro. Tamén: Íker, Diego, Becerra, Sergio Barbeira e Ángel Cuns.
- 1-0, m.15: en propia tras un centro lateral; 1-1, m.17: Brais nun córner.
Partido moi igualado, e moi tenso entre dous dos grandes favoritos da competición. Arrincaba o partido con chegadas ás áreas, e pronto un centro lateral era despexado, a gol, por Brais. El mesmo, dous minutos despois, remendaba o gol en propia cun tanto á saída dun córner. Partido novo con 70 minutos por diante.
Pero houbo moito xogo directo, poucas accións combinativas, e poucas ocasións claras cun Xallas que soubo manter as embestidas do cadro da preferente.
Espérase un partido máis aberto na Fontenla.
O partido comezaba con esta homenaxe: