O Independiente repite título do Campionato de Barrios tras vencer a penaltis a un brillante Canchester

O Independiente de Uhia celebrando o título do Campionato de Barrios de Esteiro-Foto-Xosé Sendón
  • “MJ foi moito MJ" na quenda de penaltis.

Volveu vivir o Xosé Luís Vara outra tarde de festa futboleira. Este luns 15 de agosto, como é tradición e coincidindo co Carme, celebrouse a finalísima da 43ª edición do Campionato de Barrios de Esteiro, o torneo estival máis bonito case que do país.

Un ambientazo semellante a un partido de liga da Esteira cun milleiro de afeccionados, aderezado en clave champions na saída dos equipos polo himno galego ao son ds gaitas do grupo Xeitura.

Foto-Xose Sendón
Xeitura coas gaitas: Foto-Xose Sendón

Independiente de Uhia e Canchester de Creo enfrontábanse nesta reñida final, repleta de xogadores de enorme calidade. Arrincaba o choque un golazo do mítico Adelino dende 40 metros que adiantaba ao Inde. Pouco despois, Pablo Rama ampliaba a renda con outro tremendo gol tras un tiro que bate na cruceta, recole o rexeite e cruza coa esquerda.
Reaccionaba o Cánchester e Íker recurtaba dende os 11 metros tras un penalti cometido sobre Antón. Quedaban 5 minutos para o descanso cando nunha bonita xogada combinada Antón fai un golazo de tiro cruzado para batir a MJ.

Fermosa vista aérea do Xosé Luís Vara ateigado-Foto-Xosé Sendón

O sejundo tempo foi un toma e daca de ambos equipos, onde a falta de acerto e a presenza dos porteiros, MJ e Vareta, se facía notar. Finalizou o partido 2-2 e todo se decideu nos penaltis. Foi aí onde emerxeu a figura do escollido Mellor Porteiro do Fútbol da Costa. “MJ foi moito MJ” contan as crónicas.

Punto e final así a 43ª edición (si, 43), do torneo de verán máis divertido e entregado da comarca, e probablemente de todo o país.

O Cánchester foi un digno finalista-Foto-Xosé Sendón
Así estaba o campo esteirán.Foto-Xose Sendón

PALMARÉS DOS ÚLTIMOS ANOS DO CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO