Domingo. 13.10.2024
El tiempo

O Independiente repite título do Campionato de Barrios tras vencer a penaltis a un brillante Canchester

  • “MJ foi moito MJ" na quenda de penaltis.
Campionato Barrios de Esteiro 2022-Final-Foto-Xose Sendon-Independiente campion
O Independiente de Uhia celebrando o título do Campionato de Barrios de Esteiro-Foto-Xosé Sendón
O Independiente repite título do Campionato de Barrios tras vencer a penaltis a un brillante Canchester

Volveu vivir o Xosé Luís Vara outra tarde de festa futboleira. Este luns 15 de agosto, como é tradición e coincidindo co Carme, celebrouse a finalísima da 43ª edición do Campionato de Barrios de Esteiro, o torneo estival máis bonito case que do país.

Un ambientazo semellante a un partido de liga da Esteira cun milleiro de afeccionados, aderezado en clave champions na saída dos equipos polo himno galego ao son ds gaitas do grupo Xeitura.

Campionato Barrios de Esteiro 2022-Final-Foto-Xose Sendon- 1
Foto-Xose Sendón
Campionato Barrios de Esteiro 2022-Final-Foto-Xose Sendon-gaitas
Xeitura coas gaitas: Foto-Xose Sendón

Independiente de Uhia e Canchester de Creo enfrontábanse nesta reñida final, repleta de xogadores de enorme calidade. Arrincaba o choque un golazo do mítico Adelino dende 40 metros que adiantaba ao Inde. Pouco despois, Pablo Rama ampliaba a renda con outro tremendo gol tras un tiro que bate na cruceta, recole o rexeite e cruza coa esquerda.
Reaccionaba o Cánchester e Íker recurtaba dende os 11 metros tras un penalti cometido sobre Antón. Quedaban 5 minutos para o descanso cando nunha bonita xogada combinada Antón fai un golazo de tiro cruzado para batir a MJ.

Campionato Barrios de Esteiro 2022-Final-Foto-Xose Sendon-Campo Xose Luis Vara
Fermosa vista aérea do Xosé Luís Vara ateigado-Foto-Xosé Sendón

O sejundo tempo foi un toma e daca de ambos equipos, onde a falta de acerto e a presenza dos porteiros, MJ e Vareta, se facía notar. Finalizou o partido 2-2 e todo se decideu nos penaltis. Foi aí onde emerxeu a figura do escollido Mellor Porteiro do Fútbol da Costa. “MJ foi moito MJ” contan as crónicas.

Punto e final así a 43ª edición (si, 43), do torneo de verán máis divertido e entregado da comarca, e probablemente de todo o país.

Campionato Barrios de Esteiro 2022-Final-Foto-Xose Sendon-Canchester
O Cánchester foi un digno finalista-Foto-Xosé Sendón
Campionato Barrios de Esteiro 2022-Final-Foto-Xose Sendon- 2
Así estaba o campo esteirán.Foto-Xose Sendón

PALMARÉS DOS ÚLTIMOS ANOS DO CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO

Comentarios