As Infantís do Cerqueda triunfan nos Campionatos Galegos
09 de xuño de 2025 (14:47 h.)
Incrible o que está acadando a base do noso fútbol feminino. Se as Alevíns do Fisober quedaron doble campionas galegas e buscará o campionato de España esta fin de semana no Conco, gran fazaña tamén a que vén de conseguir a familia da UD Cerqueda.
As bergantiñás quedaron campionas na 2ª Fase Infantil nun dos 6 grupos da fase de Consolación Galega, a Silva, Sporting Burgo, Santa Cruz, Orzán B e ao Cee, que quedaron 5ª.
Para facelo, as xogadoras adestradas por Tatiana superaron ao Orzán B por 2-1 na última xornada este pasado sábado en Xaviña, cos tantos de Alba Verdes e Valeria Soage.
Así o celebraron: