Os Infantís do Dumbría dos Senra, impecables campións de Liga
Despois do título do Cee Cadete, co Soneria preto de proclamarse campión Xuvenil, o segundo título do fútbol base do curso vai para Dumbría. O equipo Infantil, dirixido polos Senra (os fisterráns Moncho, pai, e José María, fillo) proclamouse campión con 4 xornadas de antelación.
O cadro venceu en Camariñas este pasado mércores e completou un ano impecable, contando, por agora, pàrtidos por vitorias: 28 vitorias, 271 goles a favor e 8 en contra.
Quédalle ao Dumbría a espiña de non poder ascender pero en calquera caso falamos dun equipo con xogadores principalmente de segundo ano que o curso que vén si poderán competir en Liga Galega gracias ao flamante ascenso conseguido hai unhas semanas do cadro cadete.
No aspecto goleador, destacar o papel de Gabriel Canosa, que na súa primeira temporada coa camisola dumbriesa suma 72 goles, 10 máis que o coristanqués Brais Costa. Jorge Méndez tamén suma 4 tantos e Marcos Romero 35.
Plantel
PORTEIROS
Iván Llaria (Olveira "Dumbría", no clube dende alevín)
Eloy Casais (Berdeogas "Dumbría", no clube dende Benxamín)
Manuel A. Lagoa (Fisterra, no clube dende benxamín)
DEFENSAS
Elton Quintanilla (Cee, no clube dende a temporada pasada)
Alejandro Hermida (Senande, desde benxamíns no clube)
Unai Rodríguez (Senande, no clube desde benxamíns)
Ian Canosa (Salgueiros, no clube dende prebenxamíns)
Nuno Costa (Vimianzo, no clube dende benxamín)
Martín Sanjurjo (Cee, no clube dende biberón)
Daniel Castro (Dumbría, no clube dende prebenxamín)
CENTROCAMPISTAS
Brais García (Fisterra, primeira temporada no clube)
Izan Domínguez (Buxantes "Dumbría", no clube dende prebenxamín)
Xabier Moreno (Muxía, primeira temporada no clube)
Luis Benlloch (Fisterra, primeira temporada no clube)
Manuel Casais (Fisterra, primeira temporada no clube)
Leo Lema (Senande,no clube dende prebenxamíns)
Jorge Méndez (Buxantes "Dumbría", no clube dende biberón)
Mateo Martínez (Fisterra, primeira temporada no clube)
Joel Canosa (Alevín)(Salgueiros " Dumbría")
DELANTEROS
Gabriel Marcote (Fisterra, primeira tempada no clube)
Marcos Romero (Arou, desde alevíns no clube)
Mario Casais (Fisterra, desde alevíns no clube)
Hugo Trillo (Alevín.Buxantes " Dumbría")
Máis novas da canteira
O Dumbría consegue o ascenso á Liga Galega